09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Porto do Son e Ribeira compartirán a segunda edición do Summer Camp Vero Boquete

Xun 19 Escrito por 
PORTO DO SON> Porto do Son acollerá a segunda edición do Summer Camp de Fútbol Vero Boquete. Será entre o vinte e seis de xuño e o un de xullo. Ademais da sesións prácticas e teóricas de fútbol haberá actividades de lecer relacionadas cos deportes náuticos.
O éxito da pasada edición animou á escola de fútbol de Vero Boquete a darlle continuidade ó Summer Camp de Porto do Son, desta volta compartindo sede con Ribeira. O obxectivo é alcanzar ou mesmo superar o número de participantes da pasada edición con oitenta inscritos, nos que destacou a presenza feminina. Haberá dúas modalidades. Unha exclusivamente para o campus de fútbol e outra que inclúe o aloxamento en camping e actividades náuticas en colaboración cos clubs locais. Polas noites tamén se desenvolverán actividades de tempo libre e talleres participativos no campamento. O prazo de inscrición continuará aberto toda a semana. Pode realizarse a través da web da escola escola.veroboquete.com. O prezo será de 150 para externos e 350 para internos, con descontos de trinta euros para empadroados en Porto do Son e Ribeira e membros da escola de tecnificación de Vero Boquete. Esta non é a única iniciativa que está a desenvolver esta escola de fútbol que organizará o primeiro torneo feminino de fútbol Vero Boquete que terá lugar entre o un e o dous de xullo en Porto do Son.

Medios

Etiquetado como Porto do Son    MurosNoia    Fútbol    campus futbol    vero boquete   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Noia inicia a consolidación de estruturas na Chaínza
    NOIA> Iniciadas as obras de consolidación da antiga fábrica da Chaínza, en Noia. Mentres se desenvolven os traballos iniciais, o executivo traballa xa na busca de financiamento para a reforma integral deste inmoble que se destinará a diversos usos culturais e turísicos.
  • Noia acolle unha gala benéfica de patinaxe en favor de Manos Unidas
    NOIA> O pavillón municipal de Noia acollerá este domingo unha Gala Benéfica de Patinaxe. Tódolos fondos recadados a través dos donativos destinaranse ó proxecto educativo que desenvolve Manos Unidas en Tánger.
  • Presentada a primeira edición do Trail e da Andaina San Silvestre-Minas de San Finx
    LOUSAME> Os dous eventos deportivos a celebrar o 30 de decembro terán ademais un carácter solidario, xa que todo o recadado irá a parar á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. Lousame acollerá o próximo 30 de decembro dúas probas nas que se mestura deporte, natureza, patrimonio e solidariedade. Será na primeira edición do trail e da andaina San Silvestre Lousame-Minas de San Finx. A andaina terá lugar pola mañá, e o trail desenvolverase pola tarde. En ambos casos, o percorrido será duns 16 quilómetros, con saída no poboado das Minas de San Finx e meta no polideportivo Pilar Barreiro Senra. Dende o Concello fixeron un chamamento á participación nestas dúas probas, que servirán ademais para dar a coñecer a beleza do municipio. Ademais as dúas probas terán un carácter solidario, xa que todo o recadado polas inscricións, 5 euros pola andaina e 12 polo trail, irá destinado integramente á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. As inscricións tanto para a andaina como para o trail poden realizarse a través da web www.emesports.es. O prazo rematará o martes 26 de decembro. Dende a organización agradeceron a implicación dos patrocinadores destas dúas probas, xa que sen a súa colaboración sería impensable poder levalas a cabo.
  • O executivo sonense busca solucións ós problemas de desabastecemento de auga
    PORTO DO SON> O alcalde considera que é unha das máximas prioridades de cara ó vindeiro ano. A pesar das chuvias caídas estes días, son moitos os concellos que seguen a padecer os problemas derivados da seca. Un exemplo témolo en Porto do Son. Neste Concello o executivo estuda a realización á máxima urxencia posible de dous proxectos de cara a mellorar o actual servizo de abastecemento, e evitar que a situación se converta en crítica para o ano que vén. As dúas solucións serían custosas e precisaríase a implicación doutras Administracións. Por unha banda traer a auga dende os depósitos que o concello veciño de Ribeira posúe en Moldes. A outra solución viría da captación de auga do río Tambre. Unha actuación esta última de carácter comarcal e que serviría ademais para mellorar o servizo noutros concellos da zona como son Noia, Lousame ou Outes. Este pasado verán o Concello viuse obrigado a ter que tomar medidas extraordinarias ante a escaseza de auga, como cortar a auga das duchas nas praias ou reducir o rego nas zonas axardinadas e os baldeos de rúas. Aínda así a situación non se limitou unica e exclusivamente ós meses de verán e mesmo houbo que abastecer de auga con camións cisterna a varias vivendas da parroquia de San Pedro de Muro. Dende o BNG criticaron a mala xestión que está a realizar o equipo de goberno desta situación e da necesidade de recuperar a auga do río Sieira, da que actualmente se aproveita o Concello de Ribeira. A voceira desta formación política, Ánxela Franco, considera que a medida podería dar solución precisamente ós veciños da parroquia de San Pedro de Muro.
  • A campaña marisqueira de Noia bate récords de facturación ás portas do Nadal
    NOIA> A campaña marisqueira de Noia preséntase como unha das melloras dos últimos anos. Polo momento, a facturación xa supera ó total do exercicio anterior. Todo iso, a pesar do peche pola toxina que se prolongou case un mes e á espera de contabilizar os beneficios que deixará a campaña de Nadal.
  • Cáritas axudará a máis dun cento de familias a pasar un bo Nadal
    NOIA> Cáritas de Noia atenderá a máis de trescentas persoas durante esta Nadal. A campaña de recadación de fondos e de recollida de alimentos destas datas supón un reforzo da actividade que desenvolven durante todo o ano. Neste 2017 levan repartidas trinta toneladas de alimentos e catro de roupa.
HomeBARBANZA - NOIAPorto do Son e Ribeira compartirán a segunda edición do Summer Camp Vero Boquete Top of Page

Síguenos en facebook