09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Rompetiño Jump achegará a cultura urbana a Porto do Son

Xul 05 Escrito por 
PORTO DO SON> Máis de dez mil persoas achegaranse esta fin de semana ata Porto do Son para participar no Rompetiño Jump. Trátase dun evento de cultura urbana que combina música e deporte organizado pola firma textil ‘Rompiendo Clothing’ .
Trala primeira edición desenvolvida o pasado ano de xeito experimental, o Rompetiño Jump chegará este fin de semana a Porto do Son cun programa moito máis ambicioso. A cultura urbana é o fío condutor deste evento que mesturará breakdance, ciclismo e música na explanada portuaria. A organización estima que máis de dez mil persoas pasarán ó longo da fin de semana por Porto do Son. Ademais do apoio do concello, contan coa colaboración de diversas entidades e empresas patrocinadoras.Tan só é preciso inscribirse con antelación no Open de Descenso Urbano que se disputará o domingo. No resto das probas poderán anotarse antes do inicio.

Medios

Etiquetado como Porto do Son    MurosNoia    Cultura    Deporte    rompetino jump   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Noia inicia a consolidación de estruturas na Chaínza
    NOIA> Iniciadas as obras de consolidación da antiga fábrica da Chaínza, en Noia. Mentres se desenvolven os traballos iniciais, o executivo traballa xa na busca de financiamento para a reforma integral deste inmoble que se destinará a diversos usos culturais e turísicos.
  • Noia acolle unha gala benéfica de patinaxe en favor de Manos Unidas
    NOIA> O pavillón municipal de Noia acollerá este domingo unha Gala Benéfica de Patinaxe. Tódolos fondos recadados a través dos donativos destinaranse ó proxecto educativo que desenvolve Manos Unidas en Tánger.
  • Manuel ruíz recibe o broche dos bos e xenerosos
    RIBEIRA> A Asociación O Ferrado de Asados entregou o broche dos bos e xenerosos ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. A entrega tivo lugar no acto de clausura da exposición ‘Primeira Década das Letras’ na biblioteca municipal.
  • Presentada a primeira edición do Trail e da Andaina San Silvestre-Minas de San Finx
    LOUSAME> Os dous eventos deportivos a celebrar o 30 de decembro terán ademais un carácter solidario, xa que todo o recadado irá a parar á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. Lousame acollerá o próximo 30 de decembro dúas probas nas que se mestura deporte, natureza, patrimonio e solidariedade. Será na primeira edición do trail e da andaina San Silvestre Lousame-Minas de San Finx. A andaina terá lugar pola mañá, e o trail desenvolverase pola tarde. En ambos casos, o percorrido será duns 16 quilómetros, con saída no poboado das Minas de San Finx e meta no polideportivo Pilar Barreiro Senra. Dende o Concello fixeron un chamamento á participación nestas dúas probas, que servirán ademais para dar a coñecer a beleza do municipio. Ademais as dúas probas terán un carácter solidario, xa que todo o recadado polas inscricións, 5 euros pola andaina e 12 polo trail, irá destinado integramente á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. As inscricións tanto para a andaina como para o trail poden realizarse a través da web www.emesports.es. O prazo rematará o martes 26 de decembro. Dende a organización agradeceron a implicación dos patrocinadores destas dúas probas, xa que sen a súa colaboración sería impensable poder levalas a cabo.
  • O executivo sonense busca solucións ós problemas de desabastecemento de auga
    PORTO DO SON> O alcalde considera que é unha das máximas prioridades de cara ó vindeiro ano. A pesar das chuvias caídas estes días, son moitos os concellos que seguen a padecer os problemas derivados da seca. Un exemplo témolo en Porto do Son. Neste Concello o executivo estuda a realización á máxima urxencia posible de dous proxectos de cara a mellorar o actual servizo de abastecemento, e evitar que a situación se converta en crítica para o ano que vén. As dúas solucións serían custosas e precisaríase a implicación doutras Administracións. Por unha banda traer a auga dende os depósitos que o concello veciño de Ribeira posúe en Moldes. A outra solución viría da captación de auga do río Tambre. Unha actuación esta última de carácter comarcal e que serviría ademais para mellorar o servizo noutros concellos da zona como son Noia, Lousame ou Outes. Este pasado verán o Concello viuse obrigado a ter que tomar medidas extraordinarias ante a escaseza de auga, como cortar a auga das duchas nas praias ou reducir o rego nas zonas axardinadas e os baldeos de rúas. Aínda así a situación non se limitou unica e exclusivamente ós meses de verán e mesmo houbo que abastecer de auga con camións cisterna a varias vivendas da parroquia de San Pedro de Muro. Dende o BNG criticaron a mala xestión que está a realizar o equipo de goberno desta situación e da necesidade de recuperar a auga do río Sieira, da que actualmente se aproveita o Concello de Ribeira. A voceira desta formación política, Ánxela Franco, considera que a medida podería dar solución precisamente ós veciños da parroquia de San Pedro de Muro.
  • A campaña marisqueira de Noia bate récords de facturación ás portas do Nadal
    NOIA> A campaña marisqueira de Noia preséntase como unha das melloras dos últimos anos. Polo momento, a facturación xa supera ó total do exercicio anterior. Todo iso, a pesar do peche pola toxina que se prolongou case un mes e á espera de contabilizar os beneficios que deixará a campaña de Nadal.
HomeBARBANZA - NOIAO Rompetiño Jump achegará a cultura urbana a Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook