• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O lixo segue a acumularse a carón dos contedores

Xul 14 Escrito por 
MUROS/NOIA> As eivas no servizo de recollida de lixo nos concellos da Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza continúan para desesperación dos veciños. As desavinzas entre FCC e a Mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza, entidade que xestiona a planta de recollida de lixo de Lousame, que empregan, ademais deste último municipio outros concellos coma o de Muros, Porto do Son ou Noia, están a crear novos problemas no servizo de recollida de lixo. Non era un problema novo. As constantes avarías nos vehículos que a empresa utiliza e que non poden realizar a súa tarefa, están a provocar que o lixo se acumule de xeito notable a carón dos contedores. A situación está a provocar un gran malestar entre os veciños destes concellos, que non entenden as razóns que se están a dar para xustificar esta situación. Temen que se produza un problema grave de saúde pública, máxime coas altas temperaturas destes días Algúns grupos políticos como é o caso do Partido Popular de Muros estánse a facer eco desta problemática. A súa voceira Inés Monteagudo vén de esixirlle á Mancomunidade do Barbanza e tamén ó propio goberno municipal que adopten as medidas urxentes necesarias que permitan terminar dunha vez por todas cos problemas que existen no servizo de recollida de lixo do municipio. Tamén a Marea de Noia lle solicitou ó alcalde que se decrete unha intervención temporal para garantir a salubridade das rúas ata que se arranxen os camións e así, na fin de semana, na que a vila celebra ademais a súa feira Medieval, non se acumulen máis lixo.

Medios

Etiquetado como MurosNoia    Noia    Lousame    Muros    problemas    Lixo    recollida    mal funcionamento    queixas    contedores    mancomunidade municipios serra do barbanza   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAO lixo segue a acumularse a carón dos contedores Top of Page

Síguenos en facebook