• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Satisfacción no executivo muradán tralo anuncio de Costas de arranxar o paseo de Esteiro

Xul 18 Escrito por 
MUROS> A actuación, que virá a solucionar as graves deficiencias que presenta o paseo marítimo, ascende a preto do millón de euros. A alcaldesa, María Xosé Alfonso, confía en que nas próximas semanas se inician as obras de remodelación do paseo marítimo de Esteiro. Unha obra pola que levan agardando dende hai tempo xa que a infraestrutura presentaba un avanzado estado de deterioro. O custe da actuación rondará o millón de euros. Unha cantidade que será asumida pola propia Demarcación de Costas, ente dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O executivo agarda que se acometa a actuación á maior brevidade posible xa que o paseo segue pechado ó transito a día de hoxe.

Medios

Etiquetado como MurosNoia    Muros    Obras    mellora    paseo maritimo esteiro    demarcacion de costas    Maria Xosé Alfonso   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIASatisfacción no executivo muradán tralo anuncio de Costas de arranxar o paseo de Esteiro Top of Page

Síguenos en facebook