09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Turismo e ARD Muros-Noia renovan a súa colaboración para promocionar o xeodestino

Ago 08 Escrito por 
NOIA> A Axencia Galega de Turismo e a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría Muros Noia asinaron un convenio de colaboración para a promoción do xeodestino. Establece unha achega de preto de cincuenta mil euros para a potenciación conxunta dos cinco concellos que componen esta bisbarra.
En total serán corenta e oito mil euros os fondos destinados pola Axencia Galega de Turismo para seguir a promocionar un dos destinos turísticos emerxentes con máis proxección. Baixo o nome da Ría da Estrela, os concellos de Porto do Son, Noia, Muros, Outes e Lousame acometerán unha serie de iniciativas conxuntas encamiñadas a mellorar os servizos da cara ós visitantes e poner en valor o seu rico patrimonio natural e cultural como recurso turísitco. Entre as accións a acometer, no marco desta terceira colaboración, destaca a creación dunha rede de museos con pasaporte ou unha ruta de sendeirismo que conecte ós cinco concellos da comarca. O turismo industrial, coa visita a conserveiras, fábricas de salazón, carpinterías de ribeira ou memos ó conxunto mineiro de San Finx, supón outro dos puntos fortes desta ría polo que o convenio sufragará tamén o deseño de itinerarios. A estas accións sumarase a edición de material informativo e promocional, a contratación dun arquivo fotográfico ou a futura creación dun Centro BTT.

Medios

Etiquetado como Noia    MurosNoia    Turismo    ard muros noia   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIATurismo e ARD Muros-Noia renovan a súa colaboración para promocionar o xeodestino Top of Page

Síguenos en facebook