• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os maiores de Ribeira dispoñen dunha ampla oferta formativa para este curso

Set 04 Escrito por 
RIBEIRA> O concello de Ribeira ofertará varios cursos no programa de dinamización de maiores. Xa está aberto o prazo para inscribirse e, en función das prazas cubertas, organizaranse os distintos grupos e especialidades.
Ximnasia, estimulación cognitiva, informática, artes plásticas, bailes de salón ou idiomas. Estas e moitas máis son as especialidades que oferta o concello de Ribeira para a formación de adultos ó longo do curso 2017-2018. As clases desenvolveranse nas distintas parroquias e organizaranse en función da demanda. Os interesados xa poden inscribirse nas oficinas de Servizos Sociais ou na área de atención cidadá da casa do concello. Dende a concellería de Servizos Sociais animan ó colectivo de terceira idade a participar nestas actividades, moitas delas trimestrais e outras con carácter anual, co obxectivo de superar os máis de catrocentos cincuenta participantes do pasado ano.

Medios

HomeBARBANZA - NOIAOs maiores de Ribeira dispoñen dunha ampla oferta formativa para este curso Top of Page

Síguenos en facebook