• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O BNG oponse ó anteproxecto da reforma sanitaria

Set 04 Escrito por 
BARBANZA> O BNG do Barbanza presentará iniciativas en tódolos concellos solicitando a retirada do anteproxecto da lei de reforma sanitaria. Así mesmo, piden que se introduzan unha serie de modificacións na lei de saúde vixente que data de 2008 para mellorar o funcionamento deste servizo en tódalas áreas sanitarias.
Son moitas as razóns polas que o BNG se opón á reforma da lei de saúde. Entre elas, destaca a redución das áreas sanitarias, de once a sete, cunha única xerencia por área no hospital de referencia, o que suporá a centralización de servizos en torno ás grandes cidades deixando sen apenas competencias ós servizos de atención primaria. Os nacionalistas denuncian ademais o interese privatizador do anteproxecto en ámbitos comoa formación de persoal ou a investigación ó favorecer a participación de capital privado. Tamén denuncian os pretendidos recortes nos mecanismos de participación e control democrático ó eliminar a función fiscalizadora do Consello Galego de Saúde. Insisten ademais en que o anteproxecto de lei non regula moitos dos aspectos da composición e o xestión do mapa sanitario xa que establece unha posterior regulación mediante decretos sen pasar previamente polo control parlamentario.

Medios

HomeBARBANZA - NOIAO BNG oponse ó anteproxecto da reforma sanitaria Top of Page

Síguenos en facebook