09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O arranque da campaña en Noia sobrepasa as boas expectativas

Set 18 Escrito por 
NOIA> Máis de mil cincocentos profesionais volveron ó traballo na apertura da campaña marisqueira en Noia. Como é habitual, esta primeira xornada caracterizouse pola abundancia de berberecho. Os mariscadores investiron menos dunha hora en apañar os trinta quilos de cupo.
Actividade frenética na lonxa de Testal no inicio da campaña marisqueira de Noia. Máis de mil cincocentos mariscadores, moitos deles procedentes doutras rías, participaron nesta xornada de apertura na que constataron o bo estado das concesións. Os mariscadores de a flote dispoñían tan só dunha hora para apañar o tope, de trinta quilos de berberecho e cinco de ameixa. Tempo suficiente dada a abundancia de recurso que soe ser habitual entre as primeiras xornadas. Satisfacción tamén entre os mariscadores a pé, que puideron faenar entre as sete da mañá e as once e media, para facerse cos vinte quilos de tope de berberecho e outros cinco de ameixa. En canto ó tamaño, destacou o berberecho de segunda e de terceira. Aínda que dependendo das zonas houbo quen tivo máis ou menos sorte. A pesar deste bo arranque, os mariscadores prefiren ser cautos á hora de vaticinar o futuro da campaña xa que é habitual a abundancia de marisco nas primeiras xornadas. Todos coinciden en que serán os prezos os que determinen a evolución da campaña. Dende a directiva do pósito confían en superar os dez millóns e medio de facturación do pasado exercicio.

Medios

HomeBARBANZA - NOIAO arranque da campaña en Noia sobrepasa as boas expectativas Top of Page

Síguenos en facebook