09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Nazareno congrega na Pobra a máis de corenta mil persoas

Set 18 Escrito por 
POBRA> Fin de semana festiva na comarca do Barbanza. Un dos puntos de interese a Pobra do Caramiñal onde se celebra un dos festexos de maior tradición como é o Nazareno. O domingo tiña lugar a Procesión das Mortallas, que conseguiu reunir, un ano máis, a unhas corenta mil persoas.
Un ano máis, as festas do Nazareno conságranse como as máis multitudinarias da comarca. A devoción polo santo congregou este domingo a corenta mil persoas na procesión das mortallas, unha das máis antigas de Galicia. Esta espectacular tradición achega ata a Pobra cada terceiro domingo de setembro non só a miles de fieis senón tamén a moitos curiosos atraídos pola singularidade da celebración. Algúns ofrecidos procesionan descansos mentres que outros portan cadaleitos en sinal de gratitude polo favor do santo. Tralo acto central das celebracións, a Pobra viviu hoxe unha xornada festiva na que a chuvia non foi excusa para despedir as festas. Inchables para nenos, pasarrúas musicais e a verbena da Orquestra Olympus que xunto ós fogos de artificio pecharán os festexos deste ano.

Medios

HomeBARBANZA - NOIAO Nazareno congrega na Pobra a máis de corenta mil persoas Top of Page

Síguenos en facebook