• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Noia busca un selo de calidade para o seu berberecho

Set 19 Escrito por 
NOIA> A Conselleira do Mar desprazouse ata Noia para interesarse polos primeiros días de campaña marisqueira. Ademais de achegarse ata a lonxa de Testal, asistiu á presentación dun estudo para a identificación xenética do berberecho de Noia que lle permitiría obter un selo de calidade.
Vistos estes exemplares ninguén pon en dúbida a calidade do berberecho de Noia. Lonxe disto, o obxectivo que perseguen tanto a confraría como a Consellería do Mar é a obtención dun selo de calidade que garanta a trazabilidade do produto. A través dunha subvención do GALP, estase a desenvolver un estudo para a obrtención dun marcador xenético identificativo da orixe xeográfica. A creación dun selo de calidade para o berberecho sería determinante para a confraría de Noia que depende principalmente desta especie. Tan só na anterior descarga supuxo o oitenta por cento dos moluscos descargados. Ademais da mellora na comercialización suporía unha importante medida de control contra o fraude do berberecho en conserva.

Medios

HomeBARBANZA - NOIANoia busca un selo de calidade para o seu berberecho Top of Page

Síguenos en facebook