09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O goberno da Pobra tentará aprobar os orzamentos nun tempo récord

Set 20 Escrito por 
POBRA> O goberno da Pobra tentará sacar adiante os orzamentos deste ano. Nestes días iniciará as negociacións cos grupos da oposición para consensuar unha proposta que debería ser aprobada a principios do mes de outubro para contar con tempo suficiente para a súa execución.
A pesar do limitado dos prazos, o executivo pobrense confía en sacar adiante a aprobación definitiva dos orzamentos unha vez modificada boa parte da proposta inicial trala presentación dunha emenda á totalidade por parte do BNG. Prudentes á hora de dar cifras, posto que a maior parte das partidas están aínda por pechar, o orzamento podería ascender ós oito millóns e medio de euros nos que se incluiría un importante creto, de ó redor de setecentos mil euros, para a execución de obras. Entre os principais proxectos, destaca a construción dunha escola infantil municipal ou un centro social para os veciños do Maño, na escola unitaria de Vilariño. Inclúense ademais neste borrador orzamentario partidas destinadas á mellora de infraestruturas deportiva e educativas como a nova cuberta e unha marquesina no Salustiano Rey Eiras ou o arranxo das filtracións no polideportivo de Venecia. Ocupan un lugar destacado as actuacións de mellora da accesibilidade, rehabilitación patrimonial ou a mellora da sinalización viaria. O goberno agarda contar co respaldo do resto da corporación, nomeadamente do BNG, que foi a forza que no seu día presentou alegacións instando á inclusión dunha serie de proxectos que se inclúen na actual proposta.

Medios

HomeBARBANZA - NOIAO goberno da Pobra tentará aprobar os orzamentos nun tempo récord Top of Page

Síguenos en facebook