09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

En Marea reclama en Noia o saneamento integral das rías

Set 21 Escrito por 
NOIA> Deputados de En Marea visitaron a lonxa de Testal, en Noia, para coñecer de primeira man as impresións dos mariscadores neste inicio de campaña. Alí incidiron na necesidade de que a Xunta acometa coa máxima urxencia posible o saneamento integral das rías.
A vicevoceira de En Marea, Carmen Santos, xunto co deputado, Juan Merlo, visitaron a lonxa de Testal unha vez iniciada a campaña marisqueira. A visita tiña como finalidade coñecer de primeira man a situación do sector, ó tempo que trasladarlle as iniciativas que o seu grupo parlamentario ten presentado de cara a mellorar as súas condicións de traballo. Dende En Marea volveron a insistir na necesidade de que a Xunta de Galicia acometa dunha vez por todas o saneamento integral das rías. Na xuntanza mantida con representantes da Plataforma Plademar Muros-Noia tratouse tamén o problema do descenso de capturas que se está a observar nas últimas campañas, especialmente a referida á ameixa fina e babosa, que son as que maior rendemento deixan ós mariscadores. Neste sentido para En Marea é fundamental que a Xunta artelle liñas de investigación para saber as causas reais deste descenso nas capturas.

Medios

HomeBARBANZA - NOIAEn Marea reclama en Noia o saneamento integral das rías Top of Page

Síguenos en facebook