• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Deputación da Coruña ratifica o seu compromiso inversor con Ribeira

Set 21 Escrito por 
RIBEIRA> O presidente da Deputación da Coruña realizou unha visita institucional a Ribeira na que ratificou o compromiso inversor do ente provincial co concello. Entre as próximas actuacións previstas, destaca o remate das obras na travesía entre Aguiño e Ribeira, actualmente paralizadas por problemas da empresa adxudicataria.
Tan só nos últimos dous anos, a Deputación ten investido máis de catro millóns de euros no concello de Ribeira. A maior parte destas axudas destináronse á mellora de servizos básicos como o abastecemento de auga, a recollida de pluviais ou a pavimentación de rúas. Durante a súa visita a Ribeira, González Formoso aproveitou para visitar algunhas das obras acometidas como a mellora da contorna do campo de fútbol de Carreira ou a travesía entre Ribeira e Aguiño, cunha parte do proxecto que quedou pendente de executar por parte da empresa. Neste sentido, o presidente provincial comprometeu a partida económica para o remate da obra que podería estar finalizada en 2018. Outra das actuacións inminentes que acometerá a Deputación en Ribeira é a senda peonil entre Vixán e a Graña, proxecto xa aprobado e pendente de licitación. Na xuntanza mantida cos membros da corporación ribeirense, os voceiros municipais transmitíronlle tamén a preocupación pola existencia de varios puntos negros na rede viaria. O presidente comprometeuse a estudar a toma de medidas para reducir a sinistralidade.

Medios

HomeBARBANZA - NOIAA Deputación da Coruña ratifica o seu compromiso inversor con Ribeira Top of Page

Síguenos en facebook