• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

X. García: ' O peche de Calvo en Esteiro sería un auténtico mazazo para a comarca'

Out 04 Escrito por 
MUROS> A CIG mostrou o súa preocupación polo traslado da conserveira Calvo. O anuncio do grupo conserveiro Calvo de pechar e trasladar a Carballo a planta de Esteiro preocupa á CIG. Dende este sindicato apostan polo mantemento, primeiro da actividade na factoría muradá, e en segundo lugar da conservación dos actuais postos de traballo, coincidindo, en principio, coas propias intencións da empresa. Dende a CIG consideran que a situación é un auténtico mazazo para a comarca. Todo apunta a que xa non haberá marcha atrás na decisión da empresa e o peche da factoría parece xa insalvable. Outra cousa son as condicións dos traballadores. O comité negocia agora coa dirección unha serie de melloras como poden ser o 100% da liquidación para aqueles operarios que rexeiten irse a traballar a Carballo ou que o tempo investido no traxecto, ó redor dunha hora de percorrido, compute tamén na xornada laboral.

Medios

Etiquetado como MurosNoia    Muros    Esteiro    peche    Traslado    factoria    calvo    Conservas    grupo conserveiro    Traballadores    cig    Sindicatos   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAX. García: ' O peche de Calvo en Esteiro sería un auténtico mazazo para a comarca' Top of Page

Síguenos en facebook