• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Sanidade distribuirá 560 mil vacinas antigripal na campaña deste ano

Out 06 Escrito por 
BARBANZA> O obxectivo da campaña non é outro que tratar de minimizalo impacto desta enfermidade na poboación, especialmente nos grupos de maior risco. A campaña de vacinación antigripal deste ano iniciarase o vindeiro 23 de outubro e prolongarase ata o 29 de decembro. Neste tempo a consellería de Sanidade pretende distribuír unhas 560 mil vacinas entre a poboación, dirixíndose especialmente aqueles grupos de idade de maior risco como poden ser persoas maiores de sesenta anos. Como medida extraordinaria este ano sanidade adquiriu unhas trinta mil vacinas mais, coa previsión de mellorar os resultados da campaña do ano anterior, mantendo a oferta de vacinación a tódalas persoas incluídas nos grupos de risco, de xeito totalmente gratuíto, co fin de aumentar as coberturas. A consellería de Sanidade conta con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación, como poden ser centros penitenciarios, entre outros.

Medios

Etiquetado como Barbanza    Galicia    Campaña    gripe    vacinas    doses   
Modificado por última vez no Venres, 06 Outubro 2017 14:59

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán
    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán.
  • O BNG pide a retirada das especies invasoras na praia do Castro
    RIBEIRA> O BNG de Ribeira presentou unha moción solicitando a retirada das especies invasoras na praia do Castro, en Castiñeiras. Trátase dun ecosistema de gran valor pola súa biodiversidade, onde aniña a píllara papuda. A presenza de especies alóctonas vai en aumento no sistema dunar da praia do Castro en Castiñeiras. Chama a atención a proliferación de plantas invarosas como a unlla de gato ou o plumacho da pampa nunha contorna especialmente sensible onde aniña unha especie protexida como a píllara papuda. Os nacionalistas instan á concellería de Medio Ambiente a promover a retirada destas especies favorencendo ademais a implicación da cidadanía a través de campañas de sensibilización e actividades de voluntariado. Dende o BNG critican que se leven a cabo estas accións tan só na illa de Sálvora e no parque natural de Corrubedo polo que piden que se estendan ó resto do termo municipal.
  • A carpintería de ribeira avanza cara a declaración de BIC
    RIANXO> A Conselleira do Mar participou no acto de clausura da xornada de construción naval en madeira celebrada en Rianxo.
  • Boiro Novo demanda melloras na parroquia de Bealo
    BOIRO> Boiro Novo vén de presentar unha moción solicitando melloras na parroquia de Bealo. Ademais do acondicionamento da contorna da escola unitaria e a dotación de espazos de lecer, esixen a mellora da sinalización viaria en varios puntos.
  • Pouco percebe na apertura da campaña en Aguiño
    RIBEIRA> Mal arranque da campaña do percebe en Aguiño. Os mariscadores regresaban á lonxa con malas impresións ó constatar a escaseza de recurso na zona de Sagres e Sálvora.
  • A Pobra reivindica o papel da muller na ciencia
    POBRA> A Pobra acolle esta fin de semana a terceira edición do Congreso ‘Muller e Ciencia’. Catro destacadas profesionais participarán neste encontro que busca poñer en valor o traballo realizado por numerosas científicas e investigadoras, en ocasións pouco recoñecido.
HomeBARBANZA - NOIASanidade distribuirá 560 mil vacinas antigripal na campaña deste ano Top of Page

Síguenos en facebook