• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Comeza a última fase da peonalización do Curro de Portosín

Out 10 Escrito por 
PORTO DO SON> A remodelación da praza do Curro de Portosín iniciou a súa terceira fase. Con esta última intervención, financiada integramente por Portos de Galicia, darase por rematado o proxecto que dotará ó centro da localidade dun espazo peonil para o desfrute dos veciños.
Os cento trinta mil euros destinados por Portos de Galicia a esta terceira fase da remodelación do Curro de Portosín véñense sumar ás dúas anteriores intervencións, financiadas con cargo ós plans da Deputación, o que supón un investimento total próximo ó millón de euros. Esta actuación permitirá ós veciños dispoñer dun novo espazo peonil para a celebración de actividades. Haberá un parque infantil e un espazo diáfano onde se asentan gran parte das terrazas dos locais hostaleiros. A intención do concello é poder rematar as obras antes de fin de ano.

Medios

HomeBARBANZA - NOIAComeza a última fase da peonalización do Curro de Portosín Top of Page

Síguenos en facebook