• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O executivo muradán apuntala o edificio do Cine París

Out 11 Escrito por 
MUROS> Con esta actuación pretende evitar a súa caída debido ó seu avanzado estado de deterioro. Trátase dun dos edificios máis emblemáticos do Concello. Dende hai anos vén padecendo un imparable deterioro que, nas últimas semanas foi en aumento, debido ó derrubamento de parte da súa cuberta. Ante o perigo a que as caídas vaian a máis, e tamén como medida de seguridade pública de cara ás persoas que poidan transitar pola zona, o executivo procedeu ó seu apuntalamento. Esta actuación é un pequeno parche. Aínda así o Concello non descarta iniciar con urxencia a súa rehabilitación. Para iso volverá a iniciar unha rolda de contactos coas distintas administracións de cara a buscar o financiamento necesario para poder levala a cabo, xa que o proxecto sería inasumible unicamente con fondos propios.

Medios

Etiquetado como MurosNoia    Muros    apuntalamento    cine paris    derrube    deterioro    rehabilitación    Maria Xosé Alfonso   

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeBARBANZA - NOIAO executivo muradán apuntala o edificio do Cine París Top of Page

Síguenos en facebook