09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O cerco galego oponse ó peche total da sardiña

Nov 10 Escrito por 
PORTO DO SON> Satisfacción entre a flota galega do cerco que vén de recibir un millón duascentas mil toneladas de cota adicional de xurelo. Estas novas posibilidades de pesca supoñen un respiro para o sector que leva semanas coa pesqueiría da sardiña pechada.
Cando tan só quedaban cincocentas toneladas de cota de xurelo por consumir, ACERGA vén de recibir unha alegría en forma de cota adicional que lles permitirá prolongar a pesquería ata fin de ano. Nas últimas semanas o xurelo converteuse na principal especie do cerco galego posto que aínda que está aberto o bocarte, polo momento é pequeno e non acada valor comercial. A sardiña pola contra leva semanas pechada. Dende ACERGA son partidarios dun plan que permita a recuperación do especie progresivamente pero opóñense ó peche total da pesqueiría, tal e como aconsellan algúns informes científicos. De levarse a cabo, a flota non podería sobrevivir posto que a sardiña supón a metade dos ingresos do cerco galego. Propoñen retrasar a apertura un mes co fin de que se poida pescar en outubro e novembro, época de maior demanda nas conserveiras.

Medios

Etiquetado como Porto do Son    muros noia    Marítima Pesca Marisqueo    acerga    Sardiña   

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
  • O executivo sonense busca solucións ós problemas de desabastecemento de auga
    PORTO DO SON> O alcalde considera que é unha das máximas prioridades de cara ó vindeiro ano. A pesar das chuvias caídas estes días, son moitos os concellos que seguen a padecer os problemas derivados da seca. Un exemplo témolo en Porto do Son. Neste Concello o executivo estuda a realización á máxima urxencia posible de dous proxectos de cara a mellorar o actual servizo de abastecemento, e evitar que a situación se converta en crítica para o ano que vén. As dúas solucións serían custosas e precisaríase a implicación doutras Administracións. Por unha banda traer a auga dende os depósitos que o concello veciño de Ribeira posúe en Moldes. A outra solución viría da captación de auga do río Tambre. Unha actuación esta última de carácter comarcal e que serviría ademais para mellorar o servizo noutros concellos da zona como son Noia, Lousame ou Outes. Este pasado verán o Concello viuse obrigado a ter que tomar medidas extraordinarias ante a escaseza de auga, como cortar a auga das duchas nas praias ou reducir o rego nas zonas axardinadas e os baldeos de rúas. Aínda así a situación non se limitou unica e exclusivamente ós meses de verán e mesmo houbo que abastecer de auga con camións cisterna a varias vivendas da parroquia de San Pedro de Muro. Dende o BNG criticaron a mala xestión que está a realizar o equipo de goberno desta situación e da necesidade de recuperar a auga do río Sieira, da que actualmente se aproveita o Concello de Ribeira. A voceira desta formación política, Ánxela Franco, considera que a medida podería dar solución precisamente ós veciños da parroquia de San Pedro de Muro.
  • Portos explora novos mercados no Salón Náutico de París
    BARBANZA> Portos de Galicia participa no Salón Náutico de París que se celebra entre o dous e o dez decembro na capital francesa. O balance, polo momento, está a ser do máis satisfactorio posto que xa se iniciaron os contactos para a diversificación dos servizos que ofrecen os portos galegos.
  • O BNG propón excluír á flota do xeito do reparto de cotas
    RIANXO> O BNG propón excluír ó xeito das restricións da política de cotas. Así o manifestou a voceira nacional, Ana Pontón, na xuntanza mantida cos responsables da confraría de Rianxo.
  • Mar licitará proximamente os pantaláns para os mexilloeiros de Cabo de Cruz
    BOIRO> A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou o porto de Cabo de Cruz para comprobar o resultado das obras levadas a cabo nos últimos meses e que supuxeron a instalación de 125 novas prazas de amarre para o sector pesqueiro. A actuación contou cun investimento de máis de 700 mil euros.
  • A Pobra acollerá unhas xornadas sobre os proxectos dos GALP
HomeBARBANZA - NOIAO cerco galego oponse ó peche total da sardiña Top of Page

Síguenos en facebook