28 asociacións de bateeiros mobilzaranse para esixir á Xunta que lles devolva a xestión da mexilla

AILLA> 28 asociacións de mexilloeiros desmárcanse do diálogo coa Xunta e anuncian na Illa que comezarán a mobilizarse. A súa principal esixencia é a de recuperar a xestión da mexilla que coas novas normativas da xunta están en mas das confrarías. Tamén piden á consellería que volva a abrir todas as zonas de extracción da cría. Venres volveran a reunirse para determinar ás mobilizacións a levar a cabo.

28 asociacións de bateeiros de toda Galicia desmarcáronse este mércores dunha nova reunión coa xunta de Galicia. As agrupación están fartas das limitación da consellería para a recollida da mexilla e anuncian que poñen fin á vía do diálogo.

O problema ven pola normativa da xunta que regula a recollida da mexilla. Estas normativas supoñen dous problemas para o sector. O primeiro é que limitan as zonas de extracción de cría.

E o segundo é que a xestión está agora en mans das confrarías.

Os bateeiros defenden a súa xestión, asegurando que non esquilman a cría, se non que axudan a rexenerar o recurso. Advirten que con estas limitación están xogando co pan de moitas familias e poñéndoos en risco á hora de traballar as poucas zonas que poden, especialmente nun ano de pouca mexilla.

Estas 28 asociacións inclúen máis de 1400 bateas, o que supón un 60% do sector. Nun multitudinario encontro celebrado na Illa, os bateeiros anuncian que se reunirán o venres para comezar coas mobilizacións.

Ademais de determinar as mobilizacións, as asociacións tamén están fartas de dialogar co director xeral do mar e solicitan ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que se reúna con eles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí