376 estudantes participaron no IX Campionato Escolar de Orientación

Pontevedra> 376 estudantes de 9 centros da provincia de Pontevedra participaron nesta xornada no Campionato de Orientación Escolar. Unha cita que tivo lugar na Illa das Esculturas da capital de provincia. Neste evento, organizado polo Club AROMON, os máis novos puideron amosar as súa habilidades nunha carreira de orientación a pé. Os máis novos da provincia puideron amosar, esta mañá, as súas habilidades na novena edición do Campionato de Orientación escolar. Unha cita na que participaron 376 alumnos de 9 centros de Pontevedra nas categorías de infantil feminino e masculino e cadete feminino e masculino. Un evento que se celebrou na Illa das Esculturas cunha carreira de orientación a pé. Os máis novos encantados con esta actividade que algúns fixeron en 20 minutos e outros en 40. Pero como en todo, o importante sempre é participar. Os 10 primeiros de cada unha das 4 categorías xa están clasificados para o campionato galego que se desenvolverá o 29 de abril na cidade da Coruña. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/05/orientacion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/05/orientacion.mp4{/flowplayer}