67.000 euros para a familia dun falecido por unha bacteria

PONTEVEDRA> A familia dun dos pacientes falecidos no Hospital Montecelo de Pontevedra por unha bacteria recibirá 67 mil euros.

A familia reclamaba inicialmente máis de 134 mil euros. O Consello Consultivo de Galicia decidiu non desestimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial ante o Servizo Galego de Saúde pola asistencia prestada a este home, falecido  o 20 de outubro de 2014. A acción administrativa fora presentada pola muller e a filla da vítima, que morreu por unha sepsis tras contraer unha infección pola bacteria multirresistente pseudomona durante o seu ingreso hospitalario. Na súa resolución, o Consello Consultivo entende que o Complexo Hospitalario de Pontevedra non adoptou todas as medidas de asepsia precisas para evitar a infección.