90 persoas da comarca do Salnés fórmanse en manipulación de fitosanitarios vitivinícolas

RIBADUMIA>  90 persoas da comarca do Salnés recibirá formación específica en manipulación de producos fitosanitarios. Trátase dun curso de balde impulsado pola Mancomunidade, que busca achegar aos viticultores da zona, información sobre os tratamentos, as súas aplicacións e as súas propiedades e riscos. A formación vaise impartir de xeito presencial repartida entre Ribadumia, Meis e Cambados. Tamén terá unha versión semipresencial a través da internet.

O viño é un dos principais motores da economía da comarca do Salnés. Neste sentido, a Mancomunidade continúa impulsando iniciativas formativas relacionadas co sector vitivinícola. A última, presentárona esta mañá: un curso de aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios.

No curso van participar unhas 90 persoas, que recibirán a formación repartidas entre Ribadumia, Meis e Cambados. Ten tamén unha versión semipresencial a través da internet. Terá unha duración de 25 horas e para os usuarios é de balde. Conta co financiamento do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Na presentación da actividade animaron aos participantes a sacarlle todo o proveito posible á información que van recibir.

E apuntan que este tipo de cursos serven non só para un mesmo, senón para seguir traballando de xeito conxunto na profesionalización e competitividade do sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí