900 apoios ao centro comercial de Megasa

    VILAGARCÍA> 900 sinaturas para apoiar a instalación dunha área comercial na finca de Megasa. Este é o resultado de catro días da recollida iniciada pola Plataforma Cidadá polo Emprego en Vilagarcía. Unha agrupación de veciños que ven na grande superficie unha oportunidade de emprego, e que queren levar a súa petición ao pleno.

     

    A proxectada área comercial para a finca de Megasa segue sumando detractores e partidarios. Estes últimos crearon hai uns días a Plataforma Cidadá polo Emprego, que apoia a chegada da grande superficie a Vilagarcía.

    Hai catro días arrancaron a súa campaña de recollida de firmas, e esta mañá sumaban ao redor de 900 sinaturas.

    A súa intención é levar estas firmas ata o concello, para que o goberno de Alberto Varela cumpra con unha das propostas que levaban no programa electoral: o concelleiro 22. Unha figura que permitiría devolver o debate sobre a suspensión de licenzas para a instalación de centros comerciais volva ao pleno da corporación.

    Polo de momento, a súa intención é seguir colectando sinaturas. O sábado estarán na Praza de Galicia, onde instalarán unha carpa cedida polo concello para informar aos veciños e recabar o seu apoio.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/08/ptac_alcampo_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/08/ptac_alcampo_vilagarcia.mp4{/flowplayer}