91 sancións por entrar na Pobra sen xustificación

A POBRA> Mellora a situación epidemeolóxica na Pobra. Esta circunstancia fai pensar ó goberno municipal nunha rebaixa nas restricións. Unha decisión que se coñecería mañá martes, despois da xuntanza do comité clínico. Actualmente o municipio atópase no nivel máximo e pechado perimetralmente.

A Pobra, pouco a pouco vai dando pasos favorables de cara á mellora da súa situación epidemeolóxica. Hoxe os casos activos a catorce días suman 41  e a sete 19. Cifras que, a pesar de ser aínda elevadas, dan un lixeiro respiro. O executivo agarda que os datos leven aparellado unha rebaixa das restricións. Unha decisión que se coñecerá mañá tras o análise dos últimos datos por parte do comité clínico.

O alcalde referiuse tamén a que un cambio no nivel de restricións non implicaría ter que baixar a garda, xa que a situación segue a ser de máximo risco.

O peche perimetral que vive a Pobra dende hai varias semanas non foi razón suficiente para que moitas persoas decidiran esta fin de semana visitar a localidade, cando está prohibido sen ter unha causa xustificada. Así os axentes realizaron durante as xornadas do sábado e o domingo varios controis en distintos espazos turísticos do municipio que conlevaron un total de 91 propostas de sanción. Algunha delas a persoas chegadas dende Vigo, A Coruña ou incluso, as máis chamativas de Madrid ou As Palmas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí