Abanca abre a billa do crédito para os empresarios turísticos de Sanxenxo

    SANXENXO> Abanca está disposta a abrir a billa do crédito. A entidade asinou esta mañá un convenio de colaboración co Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo. Un acordo que permitirá aos asociados que o desexen beneficiarse dalgunhas vantaxes.

     

    Os bancos comezan a abrir a billa do crédito cara os empresarios. Esta mañá, os empresarios turísticos de Sanxenxo asinaron un convenio con Abanca; entidade que asegurou estar disposta a prestar cartos.

    O acordo contempla opcións con condicións vantaxosas para os membros do consorcio. Unha posibilidade que celebran dende o CETS.

    A sinatura deste convenio prodúcese nunha semana moi importante para o consorcio. Onte mesmo, arrancaba en Londres unha misión comercial na que participan. Os empresarios turísticos de Sanxenxo estarán presentes na World Travel Market, da man do Cluster de Turismo de Galicia.

    A pesares deste traballo, o presidente do CETS insistiu en que unha mellor estratexia aeroportuaria ou a chegada da alta velocidade a Galicia seguen a ser dous pezas clave para conseguir incrementar o turismo dende o exterior.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/convenio_cets_abanca_turismo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/04/convenio_cets_abanca_turismo.mp4{/flowplayer}