O alcalde amosa a seu apoio ante a folda indefinida na Administración de Xustiza

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra amosou esta mañá o seuapoio aos funcionarios de xustiza que están en folga dende o pasado 7 de outubro. Dende os sindicatos dixeron unha vez máis que seguirán de folga indefinida o tempo que sexa necesario, e sinalaron a Alfonso Rueda como principal causante desta mobilización no sector.

Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos delegados sindicais dos sete sindicatos da administración de xustiza, unha administración que está en folga indefinida dende o pasado 7 de febreiro co fin de pedir unha equiparación salarial co resto das comunidades autónomas. Con este encontro Lores quixo amosar o seu apoio a este sector.

Dende os sindicatos apuntan como único responsable desta folga indefinida ao vicepresidente da Xunta de Galicia do que din que é o único que ten que negociar coa administración de xustiza.

Preguntados sobre os principais prexudicados desta folga, a cidadanía, dende os sindicatos dixeron e deixaron claro que de chegar a aprobar as súas peticións a cidadanía serán sen dúbida os principais beneficiarios desta mobilización.

Unha folga indefinida que de momento continuará o tempo que faga falta, os funcionarios comezan a notar xa esta mobilización nos seus petos, xa que no mes de febreiro foron descontados 75 euros por cada día de folga a cada un deles, un feito que fixo que se cadra, se mobilicen e manifesten en prol dos seus dereitos de cara a este novo mes que inician en folga indefinida.