Ameixa de Carril eviscera dende hoxe vieira da Ría de Ferrol

    fotoevisceracioncopia.jpgVILAXOÁN> Ó longo desta semana Ameixa de Carril eviscerará 2500 quilos de vieira por día, 10.000 quilos en toda a semana.

    {flowplayer}images/salnes/EvisceracionVieira.flv{/flowplayer}

    Coa Operación Capacho aínda aberta, esta mañá a empresa Ameixa de Carril comezou a traballar con vieira extraída legalmente na Ría de Ferrol. Tralos últimos análises do Intecmar, o banco ferrolán puido reabrir onte a captura, e hoxe a empresa comezou as labores de evisceración do bivalvo para garantir que chega ó mercado sen ningún risco para os consumidores.

    Para sair o mercado a vieira ten que estar eviscerada, isto é quitarlle ó hepatopancreas, que é a parte do bivalvo na que máis se acumula a toxina amnésica. Coa súa eliminación diminúen os riscos de que a ASP chegue ó consumidor.

    Aínda que parte da vieira se vende fresca, a gran maioría conxélase. Isto faise someténdoa a un proceso de ultraconxelado para que manteña as súas cualidades o mellor posible. Despois é empaquetada e etiquetada individualmente co distintivo vieira de Galicia.

    Unha vez eviscerada a vieira tamén sométese a un último control. A maioría deste bivalvo destínase a restaurantes, sendo a vieira de Galicia un produto moi demandado e que ten un gran mercado.

    Ó longo desta semana Ameixa de Carril eviscerará 2500 quilos por día, 10.000 quilos en total. De cara a vindeiras semanas haberá que agardar ós análises do Intecmar para ver se é posible seguir extraendo vieira na Ría de Ferrol. A de Cambados polo de agora mantense pechada.

    Redacción Salnés