• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
POBRA> A Pobra acollerá esta fin de semana unha feira ecolóxica e animalista. Unha vintena de postos instalaranse nos xardíns Valle-Inclán para presentar os seus produtos, elaborados con materiais estritamente ecolóxicos. Xunto a eles, varias protectoras de animais darán a coñecer o seu labor.
RIBEIRA> Un voluntario da asociación animalista Vox Ánima sufriu unha agresión cando viña de repartir material informativo nun colexio. Denuncia que os ocupantes dun vehículo lle tiraron unha botella con lixivia que impactou sobre el e o seu can.
RIANXO> Na localidade existe un acordo plenario para declarar ó municipio libre de espectáculos e circos que inclúen animais nas súas funcións. Estas imaxes poderían volver a producirse…o circo Vienna Roller ten programadas varias actuacións dende mañá ata o domingo en Rianxo. A pesar dos esforzos realizados dende o Concello, onde hai uns anos se aprobou por unanimidade de tódolos grupos unha moción na que se declara ó municipio libre de espectáculos e circos que inclúen animais nas súas funcións, pouco se poderá facer para impedir que poida desenvolver a súa actividade, ó instalarse nun espazo privado no polígono de Té. O rexedor rianxeiro vai máis alá ó sinalar que debera existir unha normativa xeral de carácter autonómico que regule este tipo de espectáculos ou que os propios donos dos circos reformulen as actividades con animais.
POBRA> O concello da Pobra volve poñer en marcha a campaña de implantación do chip ós animais. Durante os meses de abril e maio, ofrecerán un desconto do quince por cento para a colocación deste elemento identificativo que, lembran, é obrigatorio.
CAMBADOS> Os cans teñen máis facilidades ou aceptación a hora de seren acollidos nos refuxios de animais. Conscientes deste problema, dende o Refuxio de Animais de Cambados organizaron un "cat café", unha interesante iniciativa de acercamento ao mundo dos mininos, que a bo seguro saldarase coa adopción de algún de estes felinos. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
POBRA> O concello de Pobra, en colaboración coa Protectora Moura e o colectivo Vox Ánima, leva a cabo unha campaña de castración de animais. Con ela pretende garantir o benestar das mascotas ao tempo que axuda a manter a orde social.
PONTEVEDRA> Alarmante caso de maltrato e abandono animal en Pontevedra. Onte os voluntarios da Asociación Os Palleiros de Pontevedra recollían por indicación do Seprona un can que se atopaba en total estado de desnutrición e a piques de morrer…e que agora loita pola súa vida nas instalacións do refuxio.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCIA> Os traballadores e voluntarios da Protectora de animais de Vilagarcía concentráronse esta tarde ás portas do Concello para pedir que lles entreguen as novas instalacións xa. Os cans abarrotan o antigo local polo que reclaman que se lles faciliten as novas instalacións canto antes, tal e como se acordou por unanimidade no último pleno.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Xoves, 19 Decembro 2013 16:42

A cadela Mimi sálvalle a vida a súa dona

CAMBADOS> Amosámoslles agora unha historia das que emocionan. Unha cadela adoptada no refuxio de animais de Cambados ven de salvarlle á vida a súa dona. Mimi convértese así nunha cadela heroe, servindo de exemplo das moitas posibilidades que teñen estes animais recollidos en albergues caninos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Animáis Top of Page

Síguenos en facebook