• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
A escaseza de capturas de polbo no mercado galego provocou unha escalada dos prezos deste cefalópodo que chegou a alcanzar os quince euros. A pesar destas contías non aptas para moitos petos, o produto segue tendo moita saída neste mes de agosto cando se incrementa notablemente a demanda. Off A pesar do bo arranque nas dúas primeira semanas trala veda, a campaña do polbo está a atravesar peores momento dada a escaseza do recurso. Tanto é asi, que algunhas embarcacións optaron por cambiar de arte. Inserto Escasean as capturas nun mes no que aumenta a demanda, especialmente por parte do sector hostaleiro. Estes dous factores inflúen no prezo que nas últimas semana acadou unha media de quince euros. Aínda así, os profesionais agardan a que a situación mellore da cara ós próximos meses, ó igal que acontecera o pasado ano cando a aparición de abundante cefalópodo a partir do mes de outubro fixo que se pechara a campaña cun dos mellores resultados dos últimos anos.
POBRA> Por segundo ano, a Pobra acollerá o festival Entre Bateas, promovido pola asociación cultural Xente ás Leiras. Desenvolverase a última fin de semana de agosto e contará cun día máis que na primeira edición.
RIBEIRA> Malestar no seo da asociación de praceiros de Ribeira ante a suba das taxas por posto en máis dun trinta por cento. O presidente da entidade mantivo este mediodía unha xuntanza con responsables do concello para solicitar que se manteñan os prezos, que xa experimentaran un incremento co traslado ó novo mercado.
RIBEIRA> Novos actos vandálicos na contorna dos muíños do río Amendo, na parroquia ribeirense de Carreira. Ademais de arrancar unha porta, os autores destes feitos destrozaron diverso mobiliario urbano así como ferramentas e maquinaria dos muíños.
BOIRO> Ó igual que fixeran outros grupos da oposición, Iniciativa Cidadá de Boiro oponse ó proxecto de saneamento que se está a levar a cabo no río Breiro. Cualifícano de despilfarro e de atentado ecolóxico posto que supuxo a tala de numerosas árbores autóctonas.
BOIRO> A Xunta de Galicia colabora coa Federación Galega de Ciclismo no reparto de cortaventos reflectantes destinados a garantir a visibilidade dos deportistas nas estradas e a aumentar así a súa seguridade. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, realizou esta mañá en Boiro a entrega destas prendas.
BOIRO> O BNG de Boiro demanda a mellora dos accesos á praia de Barraña na zona de Rebordelo. Piden que se limpe a maleza e se acondicione o vello peirao posto que o actual estado de deterioro supón un risco para os usuarios da praia.
RIBEIRA> A cita, organizada pola Asociación de Veciños de Carreira, terá lugar o próximo sábado 2 de setembro. Organizada pola Asociación de Veciños de Carreira, en colaboración con outras entidades, entre elas Arousa NeO e o propio Concello, a andaina terá lugar o próximo 2 de setembro. A cita, que chega este ano a súa décimo quinta edición, presenta importantes novidades. Unha delas será que os participantes que o desexen poderán retirarse nos puntos quilométricos 18, 28 e 38, tres puntos do itinerario dende os cales se facilitará o transporte ó punto do saída, sen ter que facer os 50 totais da proba. O percorrido, igual que en anos anteriores, discorrerá por espazos singulares do Concello, con saída dende o polideportivo da Fieiteira transitará por A Garita, Couso, o Castro da Cidá, a ruta fluvial de Artes, ou o Dolmen de Axeitos entre outros. As inscricións xa poden realizarse a través da páxina web www.emesports.es ou en www.riveira.gal. O prazo remata o 31 de agosto.
RIANXO> O executivo rianxeiro valorou de xeito moi positivo o anuncio desta nova que supón a máxima protección para un ben cultural. A consellería de Cultura vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultura de Galicia da laxe decorada da necrópole dos Campiños e o merlón con escudo dos Soutomaior do Castelo da Lúa. As pezas, custodiadas actualmente polo Concello no auditorio municipal, quedan inseridos xa no catálogo correspondentes ó seu nivel de protección. Dende o executivo rianxeiro destacouse a importancia desta nova que supón a máxima protección para un ben cultural. O alcalde tamén a outro feito destacado que garda relación cunha das pezas, concretamente o merlón con escudo dos Soutomaior do Castelo da Lúa, xa que formará parte da exposición ‘Berce da nosa cultura’ do Museo do Mar de Vigo na que se recreará o mundo medieval e as cantigas coa presenza do pergamiño Vindel, documento orixinal das sete cantigas de amigo de Martin Codax, actualmente en Nova York.
POBRA> A Pobra acolle este sábado a decimo segunda edición da Bandeira de Traíñas Concello da Pobra. O equipo anfitrión, segundo na clasificación xeral, parte con moitas posibilidades de facerse co triunfo.
POBRA> A primeira das probas será xa este mes de agosto, o domingo 27, coa disputa da novena edición da Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal. Por segundo ano consecutivo a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte volverá a ofertar dentro do seu calendario deportivo unha nova edición do ‘Circuíto Catro Carreiras e Unha Meta’. A cita incluirá unha proba en cada un dos concellos que integran Arousa Norte. Segundo o actual presidente da entidade, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, a iniciativa trata de fomentar a práctica da actividade física e deportiva ó tempo que potencia os escenarios naturais e paisaxísticos desta zona. As bases do circuito xa están a disposición de tódolos interesados na propia web de Arousa Norte. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. A primeira das probas a disputar será o próximo 27 de agosto coa celebración da Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal. A esta seguiranlle o 30 de setembro a Carreira Popular de Santa Uxía, o 1 de novembro a Carreira Popular Concello de Rianxo e para rematar o 3 de decembro coa Carreira Popular Concello de Boiro.
RIBEIRA> Gran actuación de Ana Peleteiro nos Mundiais de Londres. A ribeirense acabou onte sétima na final de triple salto, cun rexistro de 14’23, a súa mellor marca persoal. Aínda así un golpe recibido no seu cuarto intento, impedíronlle estar na loita polas medallas, véndose obrigada a retirarse. Un golpe que en principio non reviste gravidade polo que poderá volver a competir en breve. A medalla de ouro na proba foi para a venezolana Yulimar Rojas cun salto 14,91, atleta coa que a ribeirense comparte adestrador, o cubano Iván Pedroso. A prata para a colombiana Caterine Ibargüen con 14,89 e o bronce para a kazaja Olga Rypakova que saltou 14,77.
Páxina 1 de 262
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook