Beatriz Mato coloca a primeira pedra do futuro centro de día

    centrodiapobra_copia.jpgPOBRA> A Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, presidiu o acto de colocación da primeira pedra do centro de día da Pobra.

    {flowplayer}barbanza/centrodiapobra.flv{/flowplayer}

    Se os cálculos son os inicialmente previstos a Pobra do Caramiñal poderá dispor o ano que vén de centro de día. Con este novo servizo a Pobra terá unha oferta completa en materia de atención social, ó dispor xa de residencia e centro sociocomunitario.

    No seu discurso a conselleira destacou o futuro edificio virá a contribuir a mellorar a dotación social para persoas maiores na comarca, xa que as prazas públicas do centro pobrés duplicará a oferta existente en centros de día que ata a data existía.

    Pola súa banda o rexedor local agradeceu o importante esforzo realizado pola Consellería de Traballo que permitirá a construción deste edificio.

    Integración de servizos

    O futuro centro de día pobrés será construído nunha parcela de titularidade municipal ubicada na rúa Venecia a carón da actual residencia e o centro de saúde.

    Contará cunhas 40 prazas e dividirase en dous andares. A planta baixa baixa destinarase a servizos, cun acceso independente dende o exterior coa cociña, o comedor, unha sala polivalente e de terapia ocupacional, así como un patio semicuberto. Na planta primeira habilitarase unha zona de despachos para o persoal do centro e outras salas, como a de curas, de rehabilitación ou de espera.

     Tras a colocación da primeira pedra, Beatriz Mato desprazouse ata o centro sociocomunitario para presidir a entrega de diplomas ós participantes que ó longo do ano tomaron parte nos diferentes cursos impartidos nestas instalacións.

    Redacción Barbanza