Boiromotos converteuse en polo de atracción para os afeccionados ás dúas rodas

BOIRO> Rotundo éxito o vivido esta pasada fin de semana en Boiro coa concentración moteira de Boiromotos, chegando incluso a mellorar as expectativas fixadas pola organización.

Dende o pasado venres, xornada inaugural da concentración, e ata onte domingo, foron miles ós afeccionados ó mundo das dúas rodas os que se achegaron ata a localidade atraídos polas diferentes actividades incluídas no programa, nas que non faltaron as exhibicións de stunt.

O tempo tamén axudou e fixo que a presenza de público nas zonas establecidas para a actividade, nas avenidas Avellaneda e Jesús Alonso, así como na rúa María Mariño, fora extraordinaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí