09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
BOIRO> A velada terá lugar esta próxima fin de semana, o sábado e domingo, no pavillón de Praia Xardín, baixo a organización do Club de Deportes de Contacto do Barbanza. Baixo a organización do Club de Deportes de Contacto do Barbanza disputarase esta vindeira fin de semana en Boiro, no pavillón municipal de Praia Xardín, o Campionato Galego de Boxeo Promesas, nas distintas categorías en competición. Á cita teñen confirmada xa a súa asistencia máis de 18 clubs de toda Galicia. A cita conta coa colaboración da Federación Galega de Boxeo e o propio concello de Boiro, de onde animaron a asistir a esta velada. Nos campionatos tomarán parte varios representantes do Club organizador, que contan con serias posibilidades de facerse co título nas súas respectivas categorías. Trátase de Jacobo Patiño que pelexará na categoría de lixeiro para menos de 60 quilos e Neo Blanco que competirá na categoría de superwelter en menos de 69 quilos. A entrada terá un custe de quince euros o bono para os dous días e de dez para unha única xornada. O inicio da competición está fixada o sábado ás sete da tarde.
RIBEIRA> Organizada pola Escola de Boxeo El Canario disputarase unha nova edición da Velada de Boxeo 'Cidade de Ribeira'. O polideportivo da Fieiteira será escenario este sábado dunha nova edición da velada de boxeo ‘Cidade de Riveira’. A cita, organizada pola Escola de Boxeo El Canario en colaboración co propio Concello, incluirá varios combates de distintas categorías, varios deles valedeiros para o Campionato Galego como é o Campionato Feminino de Elite. Dende o Concello destacaron a importancia deste evento, ó tempo que recoñeceron o labor que realiza a Escola de Boxeo El Canario, principal organizador do evento. Dende a organización da velada fan un chamamento ós veciños a acudir este sábado á Fieiteira. Os combates iniciaranse a partir das dez da noite e o prezo das entradas será de dez euros para a grada e 12 en cadeira, podéndose adquirir xa de forma anticipada en varios establecementos de Ribeira a un prezo inferior, oito en grada e dez en cadeira.
NOIA> A competición, organizada polo Club de Lucha Noia, arrancará ás oito e media tarde e incluirá combates profesionais e amateurs en distintos pesos e categorías.
RIBEIRA> O polideportivo da Fieteira acollerá o sábado 25 de marzo a Quinta Velada de Boxeo organizada pola Escola ‘El Canario’ e o concello de Ribeira. Esta cita contará coa presenza de destacados deportistas a nivel galego así como seis representantes do equipo local.
NOIA> O pavillón Alonso Rodríguez de Noia acollerá este próximo domingo a primeira velada de boxeo ‘Vila de Noia’. A competición arrancará ás nove da noite e incluirá combates profesionais e amateurs en distintos pesos e categorías. Sen dúbida un dos pratos fortes da velada será o combate do campión de España, Maikel García, que se enfrontará ó ruso, Evgany Bumar. A velada, organizada polo Club de Loita Noia, conta coa colaboración do concello noiés, e tamén de numerosas casas comerciais.
Publicado en DEPORTES
NOIA> O evento, que terá lugar no pavillón municipal a partir das dez da noite, está organizada polo club ITF Noia e servirá de homenaxe a José Ramón Martínez.
Publicado en DEPORTES
RIBEIRA> Esta mañá presentábase en Ribeira a segunda edición da Velada de Boxeo Cidade de Ribeira, unha iniciativa organizada polo club local El Canario, coa colaboración do Concello, Round Galicia, a Asociación de Veciños de Carreira e o Centro Recreativo de Artes. A iniciativa deportiva terá lugar este sábado, no pavillón polideportivo da Fieiteira, a partir das dez e cuarto da noite. Haberá un total de oito combates, nos que se medirán trece boxeadores galegos e tres asturianos. Por parte do club El Canario competirán catro deportistas: Israel Benítez, Marcos Villa, Andrés Romero e André Fandiño. O prezo da entrada será dez euros en cadeira a pé de vista e sete euros na grada. A velada terá tamén un compoñente solidario, e aplicarase un desconto dun euro a aquelas persoas que acudan á Fieiteira con comida que lle será entregada á Cruz Vermella para a súa posterior distribución entre aquelas familias máis necesitadas do municipio.
Publicado en DEPORTES
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Boxeo Top of Page

Síguenos en facebook