Cada día emigran en Galicia preto de 70 mozos

     PONTEVEDRA> A lo menos así o reflicten os datos que manexa a Cig. O sindicato convocou unha xornada de protesta para denunciar a sangría demográfica que está a sufrir a nosa comunidade.

    {flowplayer}images/salnes/EmigracionMocidade.flv{/flowplayer}

    Unha emigración que si hai uns anos se presentaba como unha opción, agora case se converte nunha obriga, e é que dos preto de 70 mozos que cada día abandonan Galicia, non todos o fan por vontade propia. 

    Ante esta situación, esta mañá a Cig convocou unha concentración para denunciar o que cualifican de sangría demográfica. Unha sangría que está a mandar fora do noso territorio á xeración mellor formada e máis preparada para liderar o crecemento. 

     Empresas estranxeiras que no ano pasado recibiron máis de 25.000 mozos galegos. Algúns marchan nun principio por un corto espazo de tempo pero en vista da situación cada vez son máis os que non regresan tan preto como quixeran.

    Nesta concentración en Pontevedra, convocada en toda Galicia, participaron tamén representantes da Cig de distintos lugares da provincia. Non faltou Arousa, unha das comarcas máis afectadas pola suba do paro. Rosa Abuín criticou as políticas de Feijoo que lonxe de crear emprego invitan á emigración.

    Reclaman investimento na creación de postos de emprego, sobre todo para a mocidade, un de cada dous menores de 25 anos está no paro. TOTAL Isto sen esquecer que os mozos son tamén nos casos dos afortunados que están en activo, os que peores condicións soportan.

     Redacción Salnés