• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
VILAGARCÍA> A xunta de persoal do Hospital do Salnés busca o apoio dos concellos para defender a área sanitaria. Esta mañá, mantiveron un encontro cos representantes dos concellos de Vilagarcía, Cambados, A Illa e Ribadumia, para trazar unha fronte común contra o anteproxecto de lei sa Xunta. Consideran que dá un paso máis na privatización da sanidade pública, polo que responderán coa mobilización social. A xunta de persoal do Hospital do Salnés buscou alianza cos alcaldes da área sanitaria para defender o centro do anteproxecto de lei que quere levar adiante a Xunta. Unha proposta que, aseguran, é un paso máis na privatización da sanidade pública. A súa postura foi defendida tamén polos alcaldes. Ao encontro acudiron os rexedores de Vilagarcía, Cambados e A Illa de Arousa, ademais dunha edil do concello de Ribadumia. Catoira non puido asistir por problemas de axenda, o mesmo motivo co que desculpou a súa ausencia o alcalde de Vilanova. Un dos primeiros pasos, será elaborar unha moción conxunta para levar aos plenos de todos os concellos que forman parte da área sanitaria de O Salnés. Tamén apostan pola mobilización social. De feito, a xunta de persoal pon a disposición dos que o desexen un texto tipo para presentar suxestións. O vindeiro xoves a xunta de persoal manterá un encontro con concelleiros doutros grupos políticos e cos sindicatos. Tamén buscarán unha folla de ruta común coas áreas sanitarias de Monforte, Burela e O Barco, as outras afectadas polo anteproxecto.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Mércores, 02 Agosto 2017 19:46

O albariño xa volve regar a festa en Cambados

CAMBADOS> Tralo pregón, a atención desprazouse ata o Paseo da Calzada. Incluso antes do corte da cinta que marca, de xeito simbólico, a inauguración oficial da festa, os 42 stands xa traballaban arreo para atender todas as peticións dos primeiros clientes. Unha afluenza de público que tampouco pasou desapercibida para as autoridades. Precisamente, a condición de Cambados como Cidade Europea do Viño non pasou desapercibida. Para a alcaldesa, este feito é un motivo máis para celebrar por todo o alto esta edición número 65 da Festa do Albariño. Para a presidenta provincial, algo que fai máis especial a celebración deste ano. A Conselleira do Medio Rural tamén formou parte da comitiva que abriu a festa. Ángeles Vázquez fixo referencia á alta calidade dos caldos. Unha materia prima que é un dos principais atractivos desta festa. Atendendo á alta afluenza de público que se rexistrou nas pasadas edicións, o Consello Regulador decidiu incrementar o número de cataviños que estarán dispoñibles no Paseo da Calzada. Este ano, os stands poderán repartir ata 35.000 destas coptas que, ademais, contarán co logotipo de Cambados Cidade Europea do Viño 2017, como homenaxe á vila e ao sector. Xa dende hoxe, a festa non parará en Cambados ata o vindeiro domingo. Mañá será a inauguración do Túnel do Viño, que reunirá no Salón José Peña máis de 140 marcas pertencentes a 58 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Mentres no Paseo da Calzada comezábanse a formar as primeiras colas nos stands, a edición número 65 da Festa do Albariño arrincaba na praza do concello. Dende o balcón, o actor Matías Varela, sueco de nacemento pero cambadés de sentimento, dirixíase aos seus veciños. Coa ollada fixa das autoridades que o observaban dende a praza e continuamente interrompido polos aplausos do público, Matías Varela loubou as características de Cambados como pobo e, como non dos seus viños. Caldos que, asegurou, son únicos no mundo. O pregoeiro presumiu de raíces cambadesas, tirou de anécdotas e recordos e soubo gañar a simpatía do público. Deste xeito, un dos pregoeiros máis internacionais que tivo a Festa encargábase de marcar o arranque da 65 edición da Festa do Albariño de Cambados.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Cambados goza xa de rede wifi pública e gratuíta. A vila estrea estes días este novo servizo, que chega para ofrecelo aos milleiros de persoas que pasarán polo concello a vindeira semana durante a Festa do Albariño. Iso si, dende a Mancomunidade e o goberno local xa explicaron que non é algo temporal, e que chega para quedarse. O centro de Cambados xa goza dunha rede wifi pública, gratuíta e de alta velocidade. Mancomunidade do Salnés e concello traballaron de xeito conxunto para poder ofrecer este servizo, que chega unha semana antes da Festa do Albariño. A idea naceu durante a visita que realizaron a finais de xuño á cidade alemá de Kiel. Pouco máis dun mes despois, Cambados xa conta con esta instalación, que requeriu da colaboración entre as dúas administracións. A Mancomunidade encargarase de cubrir os custos do servizo, que ademais chega para quedarse. Dende Cambados queren que se faga chegar ás parroquias, e a intención do órgano comarcal é levalo a todos os concellos. Paralelamente, o concello vén de conceder unha licenza a unha empresa para instalar fibra óptica no centro de Cambados. Na presentación, José Ramón Abal tamén informou de que o vindeiro 7 de agosto volverase reunir a comisión de seguemento da Cidade Europea do Viño, para valorar as actividades realizadas no mes de xullo, principalmente o Enobús.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Rock, country e reggae, son as tres propostas musicais que encherán os seráns dos venres de agosto en Cambados .Tralo remate do Albariño, que se celebrará a próxima semana, a vila quere recuperar a movida nocturna co programa Seráns de Troula que esta mañá se presentou no concello. Porque trala fin do Albariño, que terá lugar a próxima semana, en Cambados aínda queda moito agosto e moita troula. Por iso a concellería de Xuventude e a de Cultura, organizan en conxunto un programa que encherá de música a Cidade Europea do Viño os venres 11, 18 e 25 de agosto. Esta mañá presentouse no concello este proxecto, denominado Seráns de Troula . Para reverter esta situación ambas concellerías crearon estes serán de Troula, ós que lle deu forma Cristina Padín, a súa organizadora que esta mañá foi a encargada de dar conta dos grupos musicais que amenizarán os venres de agosto, a través do rock, o country e o reggae. A primeira cita o venres día 11. Os concertos que serán gratuítos, serán a partir das nove e media da noite na Praza de Alfredo Brañas ou na Rúa Real.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> As Catas de Galicia de Viños, Augardentes e Licores Tradicionais celebraron onte o acto no que se recoñeceron o mellor caldo branco e tinto do ano. No acto, que se celebrou en Cambados, déronse cita importantes rostros da política, do mundo empresarial e social da comunidade.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> A seguridade estará garantida durante a Festa do Albariño, que este ano cumpre a súa edición número 65. O dispositivo especial para a celebración do viño na vila cambadesa foi tratada esta mañá na Xunta Local de Seguridade á que asistiu a subdelegada do goberno Ana Ortiz. A subdelegada do goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, copresidiu esta mañá xunto á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, a Xunta de Local de Seguridade do municipio. Á mesma asistiron representantes municipais da Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local. Na reunión tratouse a situación actual en materia de seguridade en Cambados, e as previsións de cara a este verán, especialmente coa celebración da Festa do Albariño, que este ano cumpre a súa 65 edición. A subdelegada, asegurou que o dispositivo de seguridade estará á altura dun evento deste tipo. A alcaldesa de Cambados, destacou que este ano o plan faise con máis antelación da habitual para ter garantidos tódolos puntos que inclúe. Entre as novidades esenciais deste ano están relacionadas con que por primeira vez contará cunha nivel de alerta 4 debido á alerta xihadista. En total Cambados aportará a este plan de seguridade, un inspector, un oficial, once axentes e 12 auxiliares. E doutros concellos, solicitaron 7 axentes da policía local de Vigo, 2 da policía local de Nigran, 2 de Porriño e un de Tui. Ademais, protección Civil de Pontevedra, Ribadumia e Cambados, e efectivos da garda civil. En canto a persoal sanitario, este ano engádense 3 sanitarios, dúas enfermeiras e un celador a ese hospital de campaña que se monta habitualmente por esta festa.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
O PP cualifica de escándalo que o goberno local de Cambados e a Deputación teñan paralizado o proxecto da nova cuberta da piscina cambadesa, dous anos despois de que o PP presentara o proxecto inicial, cando aínda gobernaba en concello e deputación. Esta mañá os voceiros do grupo popular provincial comprobaron o seu estado. Os voceiros do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Nidia Arévalo e Angel Moldes, estiveron esta mañá en Cambados acompañando ó deputado e voceiro do grupo local, Luis Aragunde , na súa visita á zona da piscina municipal de Cambados. O obxectivo, era poñer de manifesto a desconformidade dos populares coa xestión que tanto goberno local como Deputación están levando a cabo co proxecto da nova cuberta para a piscina. UN proxecto, que quedaba en licitación cando houbo o cambio de goberno tanto en concello como en deputación, onde antes gobernaba o PP, con un total de 650.000 euros que se chegou a adxudicar. O pasado mes de maio, contratouse a redacción dun novo proxecto, o que ó partido popular lle parece un escándalo. Unha piscina que conta con 1.500 usuarios e que segundo o PP necesita contar cunha infraestrutura de calidade. E que ademais estas obras deben realizarse durante o verán, que é a temporada baixa desta instalación. Aragunde dixo que esta situación se debe á falta de xestión e á inoperancia do equipo de goberno actual. Algo que resaltou a deputada Nidia Arévalo, quen afirmou que é unha situación xeneralizada na comarca do Salnés. Para rematar o deputado Ángel Moldes quixo engadir que se os populares seguisen gobernando a situación había ser ben diferente.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> O "Enobús" de Cambados arrincou a súa actividade, este martes, e fixo por todo o alto. Unha ampla representación dos concellos de O Salnés participaron neste primeiro viaxe, que terá un custe de 10 euros por billete.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Música dance a favor dos animais. É a proposta que ofrece Cambados para o próximo sábado 8 de xullo. Cambados Live Festival contará coa presenza de recoñecidos artistas de música disco que actuarán na praza de Concello. A cita solidaria coa música disco será o próximo 8 de xullo. O Cambados Live Festival ten como obxectivo ademais de ofrecer unha actividade lúdica dirixida á mocidade, un fin benéfico. Axudar á protectora o Refuxio de Cambados. Desde o concello aseguran que será o pistoletazo de saída ás festas do municipio. Aínda que os concertos comezarán ás once da noite, durante todo o día haberá na praza do concello un posto do Refuxio, no que a xente poderá facer doazóns, mercar os produtos que vende a protectora ou directamente, adoptar un animal. O organizador dos Concertos, Marcos Gómez ,explicou en qué consistirá o espectáculo, que contará con recoñecidos artistas. A responsable do Refuxio engadiu unha ultima petición. Ademáis de divertirse e gozar dos concertos, é esencial que este verán non se produzan máis abandonos de animais .
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Os "Panos Brancos contra a droga" axitáronse esta mañá dende o concello de Cambados. A vila acolleu o acto da Fundación Galega contra o Narcotráfico, que reuniu a numerosos veciños e autoridades na praza do concello. Coa lectura dun manifesto, a solta de globos brancos e a sinatura dunha bandeira branca, amosaron o seu rexeitamento ás drogas. Globos, bandeiras, manifesto e ata música. Todo uniuse en Cambados para dar forma á celebración do acto Panos Brancos contra a droga, organizado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico. A cita, que este ano coincidiu co Día Internacional contra a Droga, arrincou ás 11 da mañá coa lectura dun manifesto, que seguiron decenas de veciños que se achegaron ata a Praza do Concello. Nos actos tamén participaron os nenos que asisten ao campamento de verán organizado polo concello. Eles foron os encargados dunha solta de globos brancos. Tamén asistiron como representantes do futuro, e do importante que resulta a prevención na loita contra as drogas. O concello tamén despregou unha gran bandeira branca, na que ademais os asistentes plasmaron as súas sinaturas e desexos para esta loita contra as drogas. A proposta da Fundación Galega contra o Narcotráfico contou co apoio da Federación Galega de Municipios e Provincias, polo que moitos concellos penduraron tamén unha bandeira branca das súas fachadas.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> O II Triatlón Popular de Cambados colga o cartel de cheo. Uns 200 triatletas participarán nesta proba que terá lugar o vindeiro sábado 24 de xuño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 20
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Cambados Top of Page

Síguenos en facebook