• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> Un voluntario da asociación animalista Vox Ánima sufriu unha agresión cando viña de repartir material informativo nun colexio. Denuncia que os ocupantes dun vehículo lle tiraron unha botella con lixivia que impactou sobre el e o seu can.
A inminente chegada do circo Viena a Ribeira tralos conflitos xurdidos no resto da comarca tampouco estará exenta de polémica. Dende o BNG veñen de presentar unha iniciativa para declarar ó concello, vila libra de circos e feiras con animais.
RIANXO> Na localidade existe un acordo plenario para declarar ó municipio libre de espectáculos e circos que inclúen animais nas súas funcións. Estas imaxes poderían volver a producirse…o circo Vienna Roller ten programadas varias actuacións dende mañá ata o domingo en Rianxo. A pesar dos esforzos realizados dende o Concello, onde hai uns anos se aprobou por unanimidade de tódolos grupos unha moción na que se declara ó municipio libre de espectáculos e circos que inclúen animais nas súas funcións, pouco se poderá facer para impedir que poida desenvolver a súa actividade, ó instalarse nun espazo privado no polígono de Té. O rexedor rianxeiro vai máis alá ó sinalar que debera existir unha normativa xeral de carácter autonómico que regule este tipo de espectáculos ou que os propios donos dos circos reformulen as actividades con animais.
VILAGARCIA> O circo "Vienna Roller" parece que finalmente non ofrecerá o seu espectáculo tal e como tiña previsto para este xoves. O concello de Vilagarcía ordenou o corte da conexión aos servizos municipais por carecer de licenza municipal de actividade.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> Moito humor é o que poderemos atopar en The Hole, un espectáculo que estará no Auditorio da Sede de Afundación en Pontevedra do 9 ao 12 de febreiro. Esta mañá o promotor deste evento e a mestra de cerimonias presentaron esta obra, un cabaré do que xa desfrutaron máis de un millón de persoas no país e que chega por primeira vez a cidade do Lérez. 
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> Os usuarios de AMBAR quixeron celebrar por todo o alto o entroido cun festival no que participaron tamén os familiares. A primeira hora da mañá comezaron cos preparativos da festa que dou comezo a mediodía cando a sede da entidade convertíase nun auténtico circo. Pallasos, malabaristas e demais personaxes desfilaron pola festa lucindo disfraces do máis orixinal. Ademais de música e baile, disfrutaron de diversos xogos e obradoiros así como un aperitivo para tódolos asistentes.
NOIA> Equilibristas, malabaristas e demais espectáculos do mundo do circo estarán presentes, desde venres a domingo, na nova edición de RETRUKE. Na súa aposta pola cultura, o Concello de Noia presentou hoxe o Encontro Internacional de Circo que se vai levar a cabo na vila do 9 ó 11 de maio. RETRUKE xa vai pola súa cuarta edición e os noieses agardan con ganas esta cita onde o espectáculo está asegurado. As actuacións e os obradoiros desenvolveranse en tres espazos principais: nunha carpa instalada na Alameda, na praza do Cantón e no pavillón municipal. Pola noite os espectáculos continuarán en discotecas noiesa. A comunidade de artistas non a conformarán soamente galegos, wsta cita cultural atraerá a profesionais de distintos puntos da xeografía española e europea.
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Circo Top of Page

Síguenos en facebook