Comercio e hostalería de Ribeira sortearán 700 euros en vales de compra durante o Black Friday

RIBEIRA> A Asociación de Empresarios e o concello de Ribeira repartirán setecentos euros en vales de compra durante a campaña do Black Friday. Ademais de comercio, este ano participarán na iniciativa varios locais de restauración e hostalería.

Nestes tempos tan difíciles para o comercio, potenciar o consumo local é unha prioridade para administracións e asociacións empresariais. Así o entenden tanto o concello como a patronal ribeirense que poñerán en marcha unha campaña especial con motivo do Black Friday.

Desenvolverase os días 27 e 28 de novembro, durante os cales os clientes que realicen comprar nos establecementos participantes entrarán no sorteo de vales de compra por un valor total de setecentos euros.

O concello sumarase tamén á campaña con actividades complementarias como o acendido do alumeado de Nadal que animará a ambientación das rúas para dinamizar as vendas.

O sorteo realizarase o próximo mércores días dous a mediodía na sede da asociación. Ademais dos vales de compra, os premiados recibirán un bono para dúas persoas nun spa da cadea Norat, ó igual que tódolos negocios que participen na campaña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí