• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
A confraría de Noia traballa dende o mes pasado na limpeza dos bancos marisqueiros. Retiran unha media de catrocentos quilos diarios de depredadores para protexer a abundante cría nas súas concesións. Ante as boas perspectivas, a intención do pósito é adiantar a apertura da campaña a principios de setembro.
PORTO DO SON> As confrarías galegas traballan conxuntamente coa Consellería do Mar no deseño do plan do polbo para o presente ano. As federacións de Coruña e Pontevedra proponen unha veda de corenta e cinco días e a unificación dos topes en cincuenta quilos durante toda a campaña.
AGUIÑO> As confrarías da Ría de Arousa, ó completo, esixen modificacións na normativa dos cabalos permitidos nos motores de foraborda. Os patróns reuníronse para tomar medidas conxuntas tralo conflito acontecido en Aguiño a semana pasada.  
NOIA> Satisfacción esta mañá entre os mariscadores de Noia, o paraíso do berberecho, trala apertura da campaña extractiva nesta ría. Os mariscadores de a flote conseguiron sen dificultade capturar os topes permitidos nesta primeira xornada, non tiveron a mesma sorte os de a pe.
RIANXO> Do mar ó prato, ou case. A confraría de pescadores de Rianxo vén de poñer en marcha unha iniciativa que permite servir o produto directamente ós compradores sen que estes teñan que pasar por lonxa.
RIANXO> Bo prezo e marisco de calidade, aínda que as capturas non están a ser moi elevadas. Este é o balance que fai o patrón maior de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, do que vai de campaña marisqueira de verán nas súas concesións.
Publicado en portada
RIBEIRA>Os mariscadores de Aguiño decidiron deixar de fondear estes días na zona do Carreiro ante o temor a ser sancionados pola Garda Civil. Segundo explicou o patrón maior, José Antonio Santamaría, nos próximos días está previsto celebrar unha xuntanza para acordar as medidas de presión a realizar para seguir defendendo a exclusividade de Aguiño nesta concesión.
RIBEIRA> As confrarías de Aguiño e Ribeira tentarán achegar posturas sobre a polémica franxa do banco do Carreiro, cuxa titularidade enfronta ós dous pósitos. Polo momento, a Consellería do Mar decretou a paralización temporal do plan de explotación da navalla á espera dun acordo que permita retomar a actividade con normalidade.
Publicado en portada
RIBEIRA> Mariscadores e veciños de Carreira e Aguiño manifestáronse diante da delegación de Pesca en Ribeira para reclamar a titularidade do banco do Carreiro. Agardan manter unha xuntanza nas próximas horas coa Conselleira do Mar para trasladarlle a súa preocupación pola autorización do libre marisqueo na zona.
RIBEIRA> Tensión máxima no seo da confraría de Aguiño ante o conflito aberto cos mariscadores de Ribeira pola titularidade do banco do Castro. A Consellería do Mar autorizou o libre marisqueo nesta zona que dende os anos setenta viña formando parte das concesións de Aguiño. Dende este pósito organizaron quendas de vixilancia para evitar que os profesionais doutras entidades traballen na zona.
Publicado en portada
Páxina 1 de 8
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Confrarías Top of Page

Síguenos en facebook