O Consello da Xunta aproba o proxecto dos pantaláns para mexilloeiros en Cabo de Cruz

BARBANZA> O Consello da Xunta aprobou esta mañá varias actuacións encamiñadas ó saneamento da ría de Arousa e mellora das condicións dos profesionais do mar. Destaca o proxecto de construcción de pantaláns para a flota mexilloeira no porto de Cabo de Cruz, en Boiro. O Consello da Xunta dou luz verde ó proxecto dos pantaláns para os bateeiros de Cabo de Cruz, actuación que dá resposta a unha demanda histórica dos profesionais que carecían deste servizo nun porto cunha das flotas mexilloeiras máis numerosas de toda Galicia. Á dotación destas infraestruturas que se licitará nas próximas semanas engádese outro proxecto de gran relevancia para o sector pesqueiro polo que suporá de mellora na calidade das augas. Trátase da instalación dun colector e tanque de tormentas en Rianxo por importe de seis millóns e medio de euros.