• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
SANTIAGO> Como cada ano, Santiago de Compostela foi o lugar escollido para presentar as dúas regatas promovidas polo empresario ribeirense, Ramiro Carregal. O 27 e 28 de maio desputarase o Gran Trofeo Faro de Corrubedo entre Portosín e Ribeira mentres que o día tres de xuño é a data escollida para a Regata Frinsa.
Venres, 05 Mai 2017 18:44

Triatlón solidario contra o cancro

BOIRO> Boiro acollerá en xuño o Primeiro Triatlón Solidario organizado pola empresa Ecosport en colaboración coa Fundación contra a leucemia Josep Carreras e a Asociación Española contra o cancro.
RIBADUMIA> A música e os bailes volverán a Ribadumia o vindeiro 30 de abril en Ribadumia. O IV Trofeo de Baile Deportivo de Ribadumia Btroula encherá vila de bailaríns e ritmos melódicos cun evento que a bo seguro será do agrado de todo aquel que acuda o Pavillón de A Senra na vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> Poio móvese polo Deporte cun investimento de máis 220 mil euros para este 2017. A concelleira desta área presentou esta mañá a programación deportiva ata o mes de outubro nas diferentes parroquias do concello. Marga Caldas destacou a especial atención que nestas contas se lle presta ao deporte base.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Pontevedra foi a capital do deporte nacional na fin de semana. Pontemuíños está a acoller, dende o sábado, o campionato de España de natación. Un evento onde Mireia Belmonte conseguiu a súa praza para os Mundiais de Budapest. E ademais, o río Lérez, foi o escenario da Copa de España de piragüismo na modalidade de medio maratón.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> Ó redor de douscentos escolares participarán na sexta edición do Torneo Panos Brancos contra a droga. A xornada, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, celebrarase este venres en Ribeira. A principal novidade é a incorporación de catro probas de atletismo.
Pontevedra> Os alumnos do Instituto Valle Inclán practicaron nesta tarde un deporte diferente, o goalball. Trátase dunha disciplina creada para persoas cegas que consiste en seguir a traxectoria da pelota a través do sentido auditivo. Os estudantes deste centro, puideron practicar este deporte cunhas gafas opacas que non lles permitía ter visión.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBEIRA> O colexio Galaxia de Ribeira presentou o seu proxecto Pasos Solidarios, unha andaina e carreira que percorrerá o concello o próximo domingo día 26. Os fondos irán destinados á Asociación Española contra o Cancro.
POBRA> O partido popular da Pobra critica a falta de implicación do goberno local co deporte. Denuncia que o concello non mellorou o estado do campo de futbol da Alta porque non quixo, e ademais, bótalle en cara que os clubs municipais levan dous anos sen percibir axudas que están aprobadas.
BOIRO> Os amantes do Trail teñen unha cita este domingo en Bealo, no concello boirense. O “Arousa Revolutrion Trail Series 2017”, que percorre paraxes sorprendentes do municipio, presentouse esta mañá no consistorio
Pontevedra> 16 alumnos franceses e 17 do instituto pontevedrés Valle Inclán participan no programa Young Europeans in Sports. Un evento financiado pola Unión Europea e que ten coma fin potenciar o deporte e a comida saudable entre os mozos. Esta mañá estes estudantes foron recibidos no concello de Pontevedra por concelleiras do Goberno Local. 
Publicado en PONTEVEDRA
POBRA> O décimo quinto Campionato Galego de Marcha de Inverno vaise celebrar na Pobra o sábado día 26 de novembro. A proba xuntará a 156 marchadores de oito categorías distintas, procedentes das catro provincias galegas.
Páxina 1 de 7
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Deporte Top of Page

Síguenos en facebook