Febreiro mellora as cifras de paro

    SALNÉS> Febreiro despídese mellorando os datos do paro do mes de xaneiro no Salnés e no Barbanza.

    O Barbanza despide o mes de febreiro mantendo a boa tendencia nas cifras do paro. Aínda que en menor medida que en xaneiro, o mes pasado pechouse con 32 persoas menos nas listas do paro, cun total de 5.148 desempregados. O bo balance ven dado en gran medida polos datos rexistrados en Rianxo, onde se asinaron 60 novos contratos, seguido de Boiro e Noia, con 18 e 14 respectivamente. Conseguiron contrarrestar o incremento do paro que se rexistrou en Ribeira, con 56 veciños máis desempregados respecto do mes de xaneiro. Por sectores, o conserveiro e a construción foron os que rexistraron un mellor comportamento. Na comarca de O Salnés, a cifra de parados ascende a 11.811 nun febreiro no que Vilagarcía destruíu 53 postos de traballo e Vilanova 19. O sector servizos foi o que xerou máis emprego, seguido da pesca e a construción.