Galiza Nova adhírese á Plataforma contra os Vertidos de San Finx e chama á mobilización

NOIA> Galiza Nova escenificou esta mañá a súa adhesión formal a plataforma en contra dos vertidos da mina de San Finx tras unha xuntanza na confraría de Noia. Animan tamén á mocidade a sumarse á concentración convocada para este sábado a mediodía en Santiago.

A secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, e a responsable comarcal en Muros-Noia, Maruxa Martínez, mantiveron esta mañá un encontro con responsables da confraría de Noia para adherirse á plataforma en contra dos vertidos de San Finx.

Mocidade, cuxo futuro depende en gran medida da ría que alberga o principal banco de berberecho do país e crea miles de empregos directos e indirectos.

Por estas razóns, dende Galiza Nova animan á mocidade a sumarse á mobilización convocada pola plataforma para este sábado a mediodía fronte ás dependencias da Xunta en Santiago.

A protesta desenvolverase en paralelo ó proceso xudicial posto que a confraría vén de interpoñer un recurso na Sala do contencioso Administrativo en contra da autorización de vertidos da mina.

Con esta acción xudicial, a plataforma tenta paralizar, mediante solicitude de medidas cautelares, as obras da planta de tratamento de augas residuais iniciadas hai dúas semanas en San Finx.

Mentres non se resolve o recurso, os colectivos implicados xa anunciaron que intensificarán as medidas de presión con novas mobilizacións como a deste sábado en Compostela. A plataforma disporá autobuses con diferentes rutas dende Queiruga, Noia e Muros para quen desexe asistir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí