• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio das obras de rectificación do vial situado a carón da área de Urxencias do Hospital da Barbanza. A actuación, cun orzamento de máis de 45 mil euros, permitirá unha vez concluída poder iniciar as obras de ampliación do complexo hospitalario, ó incorporarse nela a zona cuberta pola que actualmente entraban as ambulancias. As obras Terán un prazo de execución dun mes e a seu custe será asumido polas propias arcas municipais.
RIBEIRA> O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, asinaban esta mañá o convenio de colaboración que permitirá poder realizar esta actuación.
RIBEIRA> Segundo os nacionalista trátase dunha estrada secundaria que é empregada por moitas persoas que acoden a diario ó centro hospitalario.
Publicado en portada
RIBEIRA> O comité de empresa do hospital do Barbanza denuncia a redución de persoal en diferentes quendas realizada pola xerencia trala incorporación da categoría profesional de celadores. Para solicitar que se manteña o número de profesionais en tódolos turnos e servizos están a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas.
Venres, 16 Outubro 2015 14:26

Ata cinco horas de agarda en Urxencias

Publicado en portada
Venres, 16 Outubro 2015 14:19

Ata cinco horas de agarda en Urxencias

BARBANZA> A falla de persoal facultativo no servizo de urxencias do hospital do Barbanza está a provocar numerosas queixas dos usuarios.
RIBEIRA> Case dezasete anos despois da súa posta en marcha, que tiña lugar en outubro de 1998, o hospital do Barbanza conta por fin con celadores.
BOIRO> O concello de Boiro contará cunha liña de autobuses directa ó hospital do Barbanza. A empresa Ramón Outeiral será a encargada de prestar este servizo que inclúe numerosas paradas ó longo do termo municipal.
RIBEIRA> O alcalde de Ribeira vén de manter unha reunión coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, na que a responsable autonómica lle trasladou o compromiso da Xunta de Galicia de activar a ampliación eremodelación da área de Urxencias do Hospital da Barbanza.
RIBEIRA> Traballadores da empresa LINORSA, firma encargada da limpeza do hospital da Barbanza, volveron a concentrarse esta mañá ás portas do centro hospitalario, en protesta polos retrasos no cobro das súas nóminas. Dende hai varios meses a dirección está a realizar os pagos con bastante retraso e nestes momentos adebédalle xa dúas mensualidades. Na mobilización tamén tomou parte o resto do persoal do propio hospital, e representantes do sindicato CIG, que remitiu un escrito ó SERGAS solicitando a realización dunha inspección de traballo. A súa intención pasa por continuar con este tipo de mobilizacións ata que a dirección da empresa non poña ó día o pago dos seus salarios.
Publicado en portada
Páxina 1 de 2
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Hospital Barbanza Top of Page

Síguenos en facebook