Internet: as novas tecnoloxías ó servizo do galego

    INTERNETGALEGO copia.jpg SALNÉS> Libros electrónicos, dicionarios en liña ou programas de tradución. Son algunhas das ferramentas para promover o bo uso da lingua galega na rede.

    {flowplayer}images/salnes/INTERNET_LETRAS_GALEGAS.flv{/flowplayer}

    Desde programas para a corrección e tradución de textos, libros electrónicos, aplicacións dirixidas ó público infantil ou dicionarios en liña. Son só algunhas das ferramentas dispoñibles hoxe en día na rede para fomentar o bo uso da lingua galega entre a sociedade, ademais de contribuír á difusión do idioma e ó seu coñecemento e recoñecemento a nivel internacional. E é que internet é arestora o maior medio de comunicación. Por iso, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta quixeron aproveitar estas datas para lembrar tódolos recursos que se ofertan na web para facilitar o uso dun galego correcto e animar sobre todo ás novas xeracións á que falen a nosa lingua.

    Nestes intres, os galegofalantes teñen á súa disposición o dicionario ‘Digalego’, de Ir Indo, ou o de pronuncia, elaborado polo mestre Xosé Luís Regueira, do Instituto da Lingua Galega. Para a consulta de dúbidas sobre grafía existe o corrector de textos ‘Galgo’, o ‘BuscaTermos’ ou un servizo de tradución en liña: o ‘Termigal’. Salientan tamén os traballos que se están a realizar no campo do software libre, ou os terminais móbiles e produtos para o público infantil.

    Redacción Salnés