Luz Casal recibe o recoñecemento á súa traxectoria artística nas VII Xornadas Fundación Manolo Paz

CAMBADOS> Luz Casal recibe o premio na inauguración das VII xornadas Fundación Manolo Paz. A cantante e compositora recibe o premio como recoñecemento á súa traxectoria profesional. As xornadas complétanse coa exposición de Sandra Bahía, unha acción permormativa e a música do Proxecto x, o son das palabras.

A fundación Manolo Paz inaugura cada a ano as xornadas que levan o seu propio nome homenaxeando a unha persoa importante dentro de calquera profesión artística. A escollida este ano é Luz Casal. O propio Manolo Paz eloxio a súa traxectoria profesional e especialmente, a súa música durante a pandemia.

A artista mostrouse agradecida por recibir este premio e sinalou as similitudes entre a música e a escultura. Ambas profesións tratan de crear dende a nada obras que causan sensacións nos que as gozan.

Dende a dirección da fundación resaltaron a súa traxectoria e a súa faceta multidisciplinar, destacando da artista o seu traballo como artista, intérprete e compositora pero a tamén a súa forma de ser vitalista, creativa e expresiva.

Dende o concello mostraron o seu orgullo porque a vila acolla unha fundación como a de Manolo Paz e por entregar este premio a Luz Casal. A consellería pola súa parte destaco a posta en valor das raíces dos dous artistas.

A entrega do premio abriu o evento, pero as xornadas complementáronse coa exposición de Sandra Bahía, unha acción performativa e a música do Proxecto x, o son das palabras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí