• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
NOIA> Noia acollerá entre o dous e o catro de agosto o Festival Internacional de Arpa. Nesta cuarta edición destaca a alta participación de artistas locais que compartirán escenario coas máis grandes figuras internacionais nesta disciplina.
VILAGARCÍA> A II Edición do Vilablues, ou o que é o mesmo o Festival de Internacional de Blues de Vilagarcía, encherá a vila de boa música do7 ao 9 de xullo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Sétima edición do Varietés de Vilagarcía. Todos os xoves e venres do mes de xuño a música e a festa trasládase ás rúas da capital arousá. O microfesitval volve cunha programación variada e con diferentes estilos, aptos iso si para todos os públicos e para facilitar a convivencia entre o ocio e o descanso. Se o groso da programación festiva do concello de Vilagarcía desenvólvese a partires do mes de xullo, o Festival Varietés regresa por sétimo ano para encher de música as rúas da capital arousá durante xuño. Os concertos serán todos os xoves e venres, a partires das 9 e media e as 10 e media da noite respectivamente. En total, doce datas para gozar da música en directo en plena rúa. Un ano máis, o concello apoia esta iniciativa, que naceu entre os hostaleiros da rúa Méndez Núñez. Destacou, ademais, que se trata dun excelente exemplo de convivencia. Este mesmo xoves o Varietés arrinca coa actuación de The Soul Breakers, a partires das 9 e media da noite na rúa Méndez Núñez.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Os Xoves de Códax volven para animar os solpores cambadeses. A adega vén de presentar a sexta edición do seu ciclo de concertos, que reunirá na terraza de Martín Códax a algúns dos mellores artistas galegos. A actuación de Silvia Pérez e Uxía inaugurará este ciclo de maridaxe de albariño e fusión musical que, un ano máis, doará a recadación a diferentes organizacións sen ánimo de lucro. A terraza de Martín Códax volverá ser o mellor escenario para a maridaxe entre o albariño e a fusión musical. Por sexto ano no mes de xullo arrincarán os Xoves de Códax, un ciclo que medra ano tras ano. Todos os xoves de xullo e agosto a partires das 8 e media da tarde terán a súa propia banda sonora. Artistas galegos que moitas veces se fusionan con outros grandes nomes do panorama nacional. É o caso de Silvia Pérez e Uxía, que este ano abren o ciclo o día 6 de xullo. Os xoves do mes de xullo soarán a Cristina Pato e Woyza, Miguel Lamas e Lin Cortés e a Nastasia Zürcher. A Banda de Balbina, Rosario la Tremendida e Abe Rábade, Os amigos dos músicos, Alba Molina e Marcos Teira e Budiño, Javier Limón e Luiz Caracol, poñerán a música aos do mes de agosto. As entradas para os concertos do mes de xullo poránse á venda o luns ás 12 do mediodía. As de agosto poderán adquirirse a partires do 3 de xullo. Todas estarán disponibles na web da adega cun custo de 10 euros. Un ano máis, os beneficios destinaranse a diferentes asociacións sen ánimo de lucro da zona.
Publicado en CULTURA
RIBEIRA> Co obxectivo de dinamizar a hostalería da zona e promocionar o talento dos músicos locais, así como ofrecer unha alternativa de ocio á mocidade, as concellerías de Cultura e de Xuventude de Ribeira veñen de organizar a Noite Nova que se celebrará este sábado.
Pontevedra> Ao longo desta semana os escolares da provincia poderán desfrutar da obra Gatuxo. Un traballo de Magín Blanco que aterra en Afundación de Pontevedra ao longo de toda esta semana. Nesta obra os pequenos de 3-5 anos poderán atopar unha metáfora do crecemento dos pequenos a través do humor e a música.
Publicado en PONTEVEDRA
CAMBADOS> Este xoves a adega Martín Códax anunciou os 57 finalistas que neste 2017, e por primeira vez serán sometidos ao criterio dun xurado profesional, que se encargará de determinar os gañadores dos Premios Martín Códax da Música que se celebrarán o vindeiro 3 de maio en Pontevedra.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCIA> Para os que non teñan plan esta fin de semana, o sábado en Vilagarcía celébrase a Gala Afasal. Unha iniciativa anual ca que recadar cartos a prol da Asociación de Familias de Enfermos de Alzheimer do Salnés. Así que xa saben, sábado as 21:00h no Auditorio de Vilagarcía.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA> “12 meses, 12 punchis” é o proxecto musical que está a desenvolver neste 2017 o grupo ribeirense “A Compañía do Ruido”. A formación levou a súa música ós alumnos do IES Número 1 de Ribeira dentro da programación da Semana Cultural do centro educativo.
RIANXO> Serán oito sesións nas que o actor Pepe Sendón, e a música local, Sabela Galbán, farán a súa particular visión de varios contos Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste.
NOIA> A terceira edición do Festival de Arpa Vila de Noia vai camiño de converterse nun referente autonómico grazas ó prestixio dos seus participantes. Tomarán parte músicos non só de Galicia, senón de varios países europeos e de Venezuela.
PONTEVEDRA> “Elixe a túa cita para o verán da túa vida”. Así nos invita a nova campaña promocional da Deputación de Pontevedra a coñecer os 7 festivais de música e cultura urbana de máis sona da provincia que se unen para dar a coñecer unhas das ofertas máis completas da península.
Publicado en CULTURA
Páxina 1 de 3
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Música Top of Page

Síguenos en facebook