• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBEIRA> O BNG de Ribeira reclama no Concello a canalización do río Listres, na zona de Areeiros. Segundo os nacionalistas á existencia dun aliviadoiro procedente dun dos tanques de tormentas da EDAR está a provocar frecuentes verteduras que causan estancamentos de augas residuais, o que leva consigo malos olores na zona.
POBRA> O concello da Pobra intensificará os controis sobre os vertidos no polígono da Tomada. Pretenden instalar tomas de mostras nas propias empresas para identificar ás infractoras e poder sancionalas.
RIBEIRA> A asociación AMICOS converterase na primeira entidade de España en medir a súa pegada de carbono. Ó longo deste ano medirán as súas emisións de CO2 que compensarán ambientalmente coa prantación de árbores.
BOIRO> O concello de Boiro adquiriu un novo camión de recollida do lixo para mellorar o servizo. O vehículo, valorado en máis de cento cincuenta mil euros, suporá un importante aforro tanto a nivel enerxético como de mantemento.
RIBEIRA> Os afectados pola EDAR de Ribeira saíron razoablemente satisfeitos da xuntanza mantida a pasada tarde cos responsables da administración. Acuaes, a empresa que executou as obras, comprometeuse a realizar traballos de desodorización para eliminar por completo o problema de cheiros que sofren os veciños dos Areeiros.
ILLA> O Museo da Conserva na Illa conta cunha nova caldeira de biomasa. Unha instalación que contamina menos e permite un maior aforro no consumo. O alcalde da vila, Carlos Iglesias recibiu o delegado da Xunta en Pontevedra para amosarlle esta nova equipamento que foi financiada entre a administración local e a autonómica.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
RIBEIRA> Medio Ambiente pon en marcha un novo servizo de atención ós visitantes nos parques naturais de Galicia. O obxectivo que persegue é a concienciación ambiental e a promoción do turismo de natureza sostible. O anuncio deste novo servizo partiu da propia titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, durante unha visita realizada esta mañá ó Parque Natural de Corrubedo.
LOUSAME> Augas de Galicia confirma a alta concentración de metais pesados nos afluentes de San Finx, en Lousame. Estas analíticas corroboran a denuncia realizada en xaneiro por ADEGA sobre os verquidos contaminantes derivados da explotación das minas.
Pontevedra> Esta mañá quedou constituída a comisión de seguemento do pacto ambiental de ENCE. Dende a xunta e a directiva desta empresa convidan á deputación e aos concellos de Pontevedra e de Poio a formar parte desta comisión. Un órgano que terá redactado as súas bases a mediados de novembro e que velará polo cumprimento dos 200 millóns de euros en inversión que realizarán dende a papelera para actuacións ambientais, industriais e sociais na provincia de Pontevedra. 
Publicado en PONTEVEDRA
Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 st1\:*{behavior:url(#ieooui) } /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:"Times New Roman"; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;} RIBEIRA> A consellería de Medio Ambiente levará a cabo un minucioso programa de preservación e conservación  do Parque Natural de Corrubedo para paliar os efectos dos lumes do pasado agosto.
RIBEIRA> A Xunta de Galicia investirá uns 225 mil euros na instalación da nova rede de saneamento en Sirves, no concello de Ribeira. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinaba co alcalde, Manuel Ruíz, o convenio de colaboración que permitirá a realización desta importante actuación.
RIBEIRA>As directoras de Conservación da Natureza e de Xuventude, Ana María Díaz e Cecilia Vázquez, respectivamente, presentaron en Ribeira o novo programa de voluntariado ambiental que se desenvolverá este verán na Rede Galega de Parques Naturais. No dito programa tomarán parte ó redor duns douscentos mozos de idades comprendidas entre os dezaoito e trinta anos.
Páxina 1 de 5
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Medio Ambiente Top of Page

Síguenos en facebook