Medio Ambiente achega medio millón de euros para o novo auditorio de Ribeira

RIBEIRA> A Conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Ribeira asinaron o convenio de colaboración para a execución do novo auditorio. O departamento autonómico achegará cincocentos mil euros para acometer o proxecto que conta cun orzamento global de 3’6 millóns de euros.

A sinatura deste convenio entre a Conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Ribeira supón un novo paso adiante para licitar a obra do novo auditorio. Tras subvencionar a redacción do proxecto cunha achega de cento vinte mil euros, o departamento autonómico destinará agora cincocentos mil euros para a execución das obras.

O alcalde agradeceu a colaboración autonómica que permitirá rebaixar o investimento municipal para acometer esta gran obra. O orzamento global ascende a tres coma seis millóns de euros. Ademais da achega de Medio Ambiente, Cultura aprobará unha axuda de catrocentos mil euros que se suman ós fondos europeos no marco da EDUSI. 

O novo auditorio consistirá nun edificio multifuncional de deseño singular emprazado nunha parcela de mil catrocentos metros cadrados anexa á praza do Centenario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí