Mercados e Camiño, da man para promocionar Galicia

    SANXENXO> As prazas de abastos queren ir da man do Camiño de Santiago para converterse en novos atractivos turísticos. Esta é a intención do programa Mercados no Camiño, unha iniciativa que busca ofrecer unha imaxe renovada das prazas, unificando os diferentes envases.

     

    59 prazas de abastos unificarán os seus envases. Será no marco da iniciativa Mercados no Camiño, que busca impulsar as prazas de abastos das diferentes rutas xacobeas.

    A iniciativa parte da Federación de Prazas de Abastos de Galicia, e conta coa colaboración da Xunta. Con ela buscan que os mercados vaian da man do Camiño para converterse en novos atractivos turísticos.

    Nos mercados participantes, os peregrinos poderán selar as súas credenciais. Portovono forma parte da Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, á que tamén pertencen outros once concellos do norte e do sur da ría de Arousa.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/12/conde_praza_portonovo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/12/conde_praza_portonovo.mp4{/flowplayer}