09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
NOIA> As tendas abrirán este sábado as súas portas ata as dez da noite e ofrecerán descontos do vinte por cento en tódolos seus artigos. É unha das habituais campañas de Noia Histórica. Por sétimo ano consecutivo, e debido ó éxito de vendas colleitado en anteriores convocatorias, a patronal noiesa volve a celebrar unha nova edición do Sábado Negro. Será este próximo sábado, 4 de novembro e contará coa participación de cincuenta establecementos comerc iais que aglutinan a práctica totalidade de microsectores. A cifra máis alta de participación de tódalas edicións celebradas ata o de agora. Ademais dos descontos, que poden chegar ata un 20%, as persoas que se achuguen ese día ata a vila poderán participar tamén en numerosas actividades complementarias. Dende a asociación sinalan que este tipo de campañas teñen coma principal finalidade incentivar as compras nunha época do ano no que as vendas baixan significativamente previo ó Nadal, que se ve moi condicionada ademais nesta tempada polo tempo.
NOIA> Medio cento de establecementos comerciais e hostaleiros sumaranse á Pink Fashion Night que se celebrará este sábado en Noia. Ademais de descontos do vinte por cento en tódolos artigos, desenvolveranse actividades de animación durante toda a xornada.
NOIA> A actividade, organizada por Noia Histórica, terá lugar xa esta fin de semana, de venres a domingo, no pavillón polideportivo municipal.
NOIA> Na campaña, baixo o lema 'A maxia do Nadal’, tomarán parte uns 71 comercios e establecementos de hostalería da localidade.
Xoves, 03 Novembro 2016 19:18

Noia volve tinguirse de negro este sábado

NOIA> 40 tendas, abertas ata ás dez da noite, con descontos do 20 por cento, e doces para degustar mentres eliximos a nosa compra. É a proposta que este ano nos ofrece o “´Sábado Negro” da Asociación de Empresarios Noia Histórica.
NOIA> A iniciativa, que é totalmente novidosa, xa está en funcionamento a través da web www.listasderegalosnoia.com.
NOIA> Por quinto ano consecutivo, Noia Histórica ofertará visitas guiadas durante a Semana Santa. Trátase dun percorrido polos elementos patrimoniais do casco histórico da vila. As visitas son totalmente de balde polo que os interesados só teñen que presentarse antes da saída na oficina de turismo da praza do concello.
NOIA> Noia Histórica presentou a renovada imaxe da súa Tarxeta Plus. Este dispositivo de fidelización de clientes, que leva cinco anos funcionando, inclúe novos atractivos para os seus titulares así como para a vintena de establecementos comerciais que colaboran con esta iniciativa.
NOIA> Gran afluencia de público na Feira do Comercio de Noia Histórica que se desenvolveu esta fin de semana na vila. O nivel das vendas mantívose con respecto a anteriores edicións xa que os descontos animaron ós clientes a mercar nos máis de vinte expositores que participaron na feira.
NOIA> A décima Feira do comercio chegará a Noia esta fin de semana. Vinte e un establecementos comerciais instalarán os seus expositores nunha carpa instalada na alameda. Os clientes poderán optar a interesantes descontos para a liquidación dos artigos de tempada.
NOIA> Noia volverá ir de tapas entre o once o trece de novembro. Unha quincena de establecementos hostaleiros ofrecerán pinchos elaborados con berberecho por tan só un euro e medio. Os clientes, que deberán votar as tres mellores tapas, optarán tamén a numerosos agasallos.
NOIA> Noia Histórica inaugurou o seu belén de Nadal, instalado novamente na igrexa de Santa María a Nova. Fíxoo nun acto, no que ademais da xunta directiva da entidade, tomaron parte tamén representantes municipais, entre eles o propio a alcalde, Miguel Paz.
Páxina 1 de 3
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Noia Histórica Top of Page

Síguenos en facebook