• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra actuará en dúas novas rúas do entorno de Santa María. O goberno local xa traballa en varios puntos desta zona do casco histórico, pero hoxe anunciou que acometerá a reforma integral das rúas San Martiño e Eirado de Alvar Páez. A actuación contará cun investimento duns 150.000 euros. O concello de Pontevedra avanza na rehabilitación do entorno de Santa María, no caso histórico da cidade. Gulías visitou as obras que se están a realizar nas rúas Pratería Vella e Tristán Montenegro, financiadas con cargo ao ARI. Dende o concello están máis que satisfeitos cos resultados. Trala visita, a edil anunciou que está previsto rehabilitar dúas rúas máis do entorno de Santa María. Actuacións que contarán cun investimento total de 150.000 euros. Unha das novidades que se aplicou na reforma da rúa Praterías atópase no pavimento. Por primeira vez, o concello utilizou a pedra plana no centro e a chapacuña nos laterais, para evitar posibles problemas de accesibilidade. Non descartan aplicar esta fórmula noutras zonas.
Publicado en PONTEVEDRA
PORTO DO SON> A Xunta de Galicia investiu máis de trinta mil euros nas obras de mellora da accesibilidade do CEIP Santa Irene en Porto do Son. O delegado territorial na Coruña supervisou esta mañá os traballos consistentes na construcción dun baño adaptado e a dotación de rampas nos accesos ás aulas e á biblioteca.
Pontevedra> Trala manifestación dos veciños, do rural pontevedrés, o pasado sábado contra os lombos, o Goberno Local ven de anunciar a implantación destes redutores no núcleo de Cerponzóns. O voceiro do Goberno Local ten claro que Pontevedra seguirá apostando polo seu modelo de cidade no centro e no rural.
Publicado en PONTEVEDRA
LOUSAME> As actuacións previstas incluirán a construción dun patio cuberto e a renovación do parque infantil público existente no interior do recinto. O proxecto de cuberta exterior no colexio Cernadas de Castro será asumido pola consellería de Educación e consistirá na creación dun patio cuberto no que se empregará policarbonato celular e paneis nervados, un material axeitado para as condicións climatolóxicas da zona. O patio, que permitirá que o alumnado do centro conte cun espazo máis amplo para as actividades no exterior sen depender da meteoroloxía, está orzamentado nuns 60 mil euros. En canto á outra actuación prevista, a da renovación do parque público existente no centro, ascenderá a uns 63 mil euros, dos que a consellería da Vicepresidencia achegará uns 40 mil e a cantidade restante será asumida polo propio Concello. Entre os traballos a desenvolver figuran a renovación dos elementos de xogo existentes e a colocaión doutros novos, cumpríndose así as medidas de prevención de riscos e de seguridade deste tipo de espazos.
RIANXO> A actuación ascenderá a máis de catorce millóns de euros, xa que ás obras de mellora na depuradora haberá que engadirlle a construción dun novo tanque de tormentas. Tratábase dunha vella demanda, incluída xa no Plan de Saneamento da Ría que debería estar xa rematada no 2015. Aínda así o executivo rianxeiro mostrou a súa satisfacción porque a obra sexa en breve unha realidade. Dende o goberno local confíase en que a actuación veña a solucionar os problemas existentes na actual EDAR, xa que as instalacións son a todas luces insuficientes para poder asumir o tratamento procedente da rede de saneamento. Dende o Concello agardan a que a obra se acometa coa máxima brevidade posible. O orzamento da actuación ascende a máis de catorce millóns de euros. Trala ampliación a nova EDAR terá unha capacidade para unha poboación dun 23 mil habitantes, o dobre da poboación actual.
MUROS> A actuación, que virá a solucionar as graves deficiencias que presenta o paseo marítimo, ascende a preto do millón de euros. A alcaldesa, María Xosé Alfonso, confía en que nas próximas semanas se inician as obras de remodelación do paseo marítimo de Esteiro. Unha obra pola que levan agardando dende hai tempo xa que a infraestrutura presentaba un avanzado estado de deterioro. O custe da actuación rondará o millón de euros. Unha cantidade que será asumida pola propia Demarcación de Costas, ente dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O executivo agarda que se acometa a actuación á maior brevidade posible xa que o paseo segue pechado ó transito a día de hoxe.
NOIA> A actuación, coa que se busca transformar a fachada marítima da vila, contará cun investimento duns 60 mil euros. Unha vez que a terceira parte do proxecto ‘As Portas do Mar’ está prácticamente lista, o executivo noiés xa elaborou un novo proxecto para acometer unha cuarta e definitiva fase para esta actuación que busca a humanización e o empedrado da fachada marítima da vila. Paralelamente a actuación levará consigo tamén outro proxecto que busca disimular de algún xeito a zona de contedores do lixo existentes na zona, mellorando o aspecto visual da rúa.
VILANOVA> Este venres retomáronse os traballos de construción do novo auditorio de O Esteiro, en Vilanova de Arousa. O alcalde do municipio, Gonzalo Durán, recoñeceu que dende o consistorio esperan que a obra este entregada no mes de decembro.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A Xunta de Goberno Local aprobou en Pontevedra a adxudicación e contratación de obras en vías e espazos públicos por máis dun millón de euros. Entre os traballos máis destacados está a rehabilitación do aparcadoiro da rúa Alexandre Bóveda e a renovación da zona de baño da praia fluvial do río Lérez.
Publicado en PONTEVEDRA
Mércores, 21 Xuño 2017 17:01

As obras de melloras chegan a Mollabao

Pontevedra> O concelleiro de Ordenación do Territorio, en Pontevedra, presentou esta mañá a reforma urbana de Mollabao. Trátase dun estudo que tería como fin humanizar o primeiro tramo da PO-546, na vella estrada a Marín. Estre tramo, duns 600 metros, contará cun investimento por parte do concello de preto de 3 millóns de euros.
Publicado en PONTEVEDRA
LOUSAME> Os socialistas consideran que se trata dun novo despilfarro de diñeiro público. O inicio das obras de construción do novo vial que unirá Lousame, na zona de Portobravo, coa Vía de Altas Prestacións Brión-Noia está a levantar unha certa polémica. Segundo o grupo municipal socialista nesta localidade a actuación non suporá beneficio algún para os veciños do municipio, todo o contrario, xa que unha vez rematada deberá asumirá en maior medida o tráfico pesado procedente do vial que une Boiro e Noia. Os socialistas tamén denuncian a realización dunha nova actuación de rebacheo sufragada con fondos municipais na estrada de Servia a Fontefría, cando está prevista a súa mellora integral da estrada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
RIANXO> O deputado provincial e responsable de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, comprobou esta mañá o resultado das obras levadas a cabo nas últimas semanas. Preto dos trinta mil euros. Esta é a cantidade investida pola Deputación da Coruña nas obras de reparación da xunta central da ponte de Catoira que presentaba importantes deficiencias e que de non actuar con urxencia poderían ter afectado gravemente á infraestrutura. O deputado responsable de Vías e Obras do organismo provincial, José Manuel Pequeño, visitou esta mañá a zona, acompañado de varios técnicos, para comprobar o resultado dos traballos levados a cabo nas últimas semanas. Sen ser, na súa execución, unha obra de gran calado, a dificultade foi poder realizar a reparación sen interromper a circulación, o tratarse dunha vía cunha elevada intensidade de tráfico. Pola súa banda o responsable de Vías e Obras da deputación coruñesa volveu insistir na necesidade de abordar a transferencia da ponte á Xunta de Galicia, tal e como recolle o Plan Move, dado o carácter estratéxico do vial que une as provincias da Coruña e Pontevedra. A última actuación importante realizada na ponte de catoira producíase no ano 2014. Sufragada polas dúas Deputacións, a de Pontevedra e a da Coruña, a infraestrutura permaneceu pechada totalmente ó tráfico durante un período duns catro meses causando un gran malestar entre os habituais usuarios do viaduto. Daquela xa se propoñía a realización dunha actuación de maior envergadura e mesmo se falaba da construción dunha nova ponte ou a ampliación da xa existente a catro carrís. Unha reivindicación que aínda se mantén a día de hoxe debido ó alto volume de tráfico que soporta.
Páxina 1 de 25
HomeBARBANZA - NOIAMostrando artigos por etiqueta: Obras Top of Page

Síguenos en facebook